O vindeiro sábado 15 de setembro terá lugar a “IV Festa do pan de millo e ovo” no campo da Festa de Tenorio dende ás 13:00h organizada pola A. C. Foula.
Dentro da programación teremos un espazo adicado a música e o baile, dous escearios, polos que pasarán fantásticos grupos e bandas como:
- Os Trazantes de Tenorio
- Os Abrentes de Cerdedo
- A Banda Escola Unión Musical de Tenorio
- Banda de Música de Cerdedo
- Banda de Gaitas Os Chaneiros de Marín
- Pandereteir@s do Val de Quireza
- Banda de Gaitas Airiños de San Xulián