MULTIMEDIA

AUDIO



FOTOGRAFÍAS



VIDEOS

Unha das primeiras actuacións da Asociación Cultural Arxinas, que comprendía grupo de baile, e o grupo tradicional de gaitas, Os Abrentes. Co paso do tempo desfíxose a A. C. Arxina quedando no seu lugar a A. C. Os Abrentes de Cerdedo.


Festa do Gaiteiro de Soutelo

Participación do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo na XVIII Festa do Gaiteiro de Soutelo o 23 de Agosto do ano 1997.


Programa Galicia Enteira (TVG)

Pequena participación no programa Galicia enteira da Televisión de Galicia gravado e emitido no ano 1997, adicado a dar a coñecer a contorna do Concello de Cerdedo. Programa presentado por Xosé Manuel Orriols. A continuación mostranse ás tres intervencións da Asociación Cultural Arxinas, que comprendía grupo de baile, e o grupo tradicional de gaitas, Os Abrentes. Co paso do tempo desfíxose a A. C. Arxina quedando no seu lugar a A. C. Os Abrentes de Cerdedo.


Programa Luar (TVG)

Actuación das Pandeireteiras de Barro de Arén xunto con tres dos membros da A. C. Os Abrentes de Cerdedo, Rubén Troitiño (gaita), Jesús Pérez (tambor) e José Cudeiro (bombo) no programa Luar  da Televisión de Galicia na presentación da IV Festa Gastronómica do Xabarín de Cerdedo.


Programa Alalá (TVG)

Os Abrentes de Cerdedo son os herdeiros dunha inmensa fortuna: a enorme tradición musical que ten a comarca de Terra de Montes, unha zona onde houbo gaiteiros ilustres, como os gaiteiros de Soutelo; acordeonistas de sona; tres bandas de música a un tempo e pandereteiras en cada parroquia.

Pois ben, cada un dos Abrentes foi recollendo o saber de todos estes mestres para condensalo, ás veces, como grupo de gaitas e outras como charanga. Eles, que son oito, están encantados de ser os continuadores na transmisión de todo este tesouro musical.

As pandereteiras de Barro de Arén; Jesús Campos o dos Diplomáticos do Acordeón ou o coñecido gaiteiro e artesán Bartolo, son algúns dos mestres destes oito músicos dos Abrentes, entre os que hai un pai e un fillo e dous irmáns. Están convencidos de que a música une as xeracións e como xa a tiñan na casa só tiveron que decatarse do importante que era. Grazas a eles, segue habendo festa en Cerdedo, algo ao que os veciños estaban moi afeitos, pero que nos últimos anos foi indo a menos porque a xente marchou de alí para buscar traballo.


I Festival de música tradicional A Seneira

Pequeno resumo da participación do grupo de gaitas da A. C. Os Abrentes de Cerdedo no I festival de música tradicional A Seneira no que participaron xunto con: Agrupación da Escola de Música Tradicional de Ourense De pé feito, Os gaiteiros do AGADIC e A Seneira.


Programa O país máis grande do mundo (TVG)

Pequena aparición do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo no programa O país máis grande do mundo da Televisión de Galicia o día 1 de decembro do 2015.


Programa Luar (TVG)

Actuación do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo no programa Luar da Televisión de Galicia presentando a súa primeira maqueta o venres 1 de decembro do 2017.


Programa Aquí Galicia (TVG)

Actuación do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo no programa Aquí Galicia da Televisión de Galicia presentando a súa primeira maqueta o sábado 2 de decembro do 2017 dende Forcarei co motivo da celebración da XXIV Festa Gastronómica da Richada.

Advertisements