FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL 2005

Un dos fins da “Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo” é a investigación, coñecemento e conservación da música tradicional ademáis da promoción e organización de festas de carácter cultural. É por iso que dende fai uns anos estamos colaborando e mesmo a organizar os “Festivais de música tradicional” en Cerdedo.

Tanto na primeira edición como a segunda a “A. C. Os Abrentes de Cerdedo” colaborou na organización xunto coas Pandereteiras de Barro de Arén e a Comisión de Festas do Ecce Homo de Cerdedo.

Hoxe queremos compartir unhas fotografías que atopamos do que foi o segundo festival polas festas do Ecce Homo no ano 2005 onde participaron os seguintes grupos (non tódolos grupos participantes aparecen nelas):

  • Andaina
  • Herva Verde
  • Tras do valo
  • Donicelas
  • Filandeira
  • Pandereteiras de Barro de Arén
  • Os Abrentes de Cerdedo

MÚSICA TRADICIONAL PARA EVENTOS

A “Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo” conta cun grupo de gaitas con máis de vinte anos de andaina. Na súa traxectoria teñen tocado en diversos actos tanto oficiais coma privados coma vodas, congresos, festivais, homenaxes… Por exemplo o “28 Congreso Nacional de Farmacoloxía” ou o “57 Congreso Nacional de Pediatría” celebrados en Santiago de Compostela, diversos actos oficiais por parte de concellos e institucións ou chegando incluso a tocar diante de Felipe VI.

Se vos queredes poñer en contacto directo coa nosa asociación deixamos de seguido o correo electrónico: osabrentes@gmail.com