AUDIOS
Maqueta do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo
Despois de 23 anos de andaina, o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo pisa un estudio de gravación para deixar recollida de forma dixital unhas pezas do seu repertorio. Publícanse en internet cinco temas, onde tres deles foron gravados no ano 2017 en Vigo. Con esta gravación, o grupo de gaitas intenta amosar o seu traballo buscando a maior naturalidade nunha gravación realizada nunha tarde de sábado para amosar a súa frescura e espontaneidade.
Muiñeira para Antonio Fraguas – Letras galegas 2019
Muiñeira para Antonio Fraguas, composta por Rubén Troitiño, adicada a este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo. Na gravación desta peza participan catro asociacións do concello de Cerdedo-Cotobade: Os Afoutes do Canón de Pau, Os Trazantes de Tenorio, Foula e Os Abrentes de Cerdedo.
25 aniversario do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo
Gravacións co gallo do 25 aniversario do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo, 25 anos recollidos en tres novos temas inéditos compostos por dous dos membros do grupo de gaitas.
LIBROS
As bandas de música de Cerdedo
As bandas de música de Cerdedo (2010)
Autor: Manuel Campos Toimil
Colaboran: Xosé Luís Troitiño Lavandeira e Rubén Troitiño García
As bandas de música marcaron un século enteiro da vida sociocultural de Cerdedo. No período que abrangue a segunda metade do século XIX e a primeira metade do XX funcionaron nesta vila alomenos catro bandas de música, ás veces de xeito simultáneo. Ademais, os músicos de Cerdedo mesmo fundaron bandas en outras localidades, coma Campo Lameiro ou A Cañiza. A pesares dunha historia musical tan prolífica, as referencias bibliográficas ao respecto son tan escasas que poden ser consideradas como anecdóticas. O libro As Bandas de Música de Cerdedo ven a encher este baleiro. Dende a Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo, pensamos que xa vai sendo hora de que Cerdedo comece a recoñecer que ten atrás unha historia musical impresionante. Unha historia que, a piques de ser esquecida, nunca tivo recoñecemento público dabondo. As Bandas de Música de Cerdedo, que verá a luz nos vindeiros meses, é o resultado de máis de cinco anos de pescudas levadas a cabo por tres compoñentes do grupo de gaiteiros Os Abrentes de Cerdedo.
REVISTAS DIXITAIS
![]() |
![]() |
Andainas! – Revista 2017 |
Andainas! – Revista 2018 |