A XXXIX Festa do Gaiteiro en “Vaia Troula” da TVG

Vaia Troula.jpg

Todos os domingos, as festas de Galicia son as protagonistas do programa Vaia Troula. Da man de Nieves Rodríguez, os espectadores galegos terán a oportunidade de coñecer de preto e ser tamén os protagonistas das moitas celebracións e festas espalladas por toda o país.

Neste domingo, día 19 de agosto, Nieves Rodríguez dará a benvida desde algunhas festas, mentres que as reporteiras Belén Vara, Ariadna Leis e Belén Rivero achegaranse a outras tantas celebracións de Galicia. Hoxe lembra como eran antigamente os labores no campo desde a 19 edición da Malla Tradicional de Doade. Nunha fin de semana repleta de festas, o espazo estará na Festa do Esquecemento de Xinzo, no Entroido de Redondela, no Naufraxio de Laxe e na XXXIX Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes, onde tamén sairá o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo, entre outras moitas festas.

Advertisements

Homenaxe a Virxilio Viétez

Homenaxe Virxilio.png

O Concello de Forcarei quere convidar a todos os veciños e visitantes a asistir o domingo 19 á homenaxe popular ao fotógrafo Virxilio Viéitez con motivo do décimo aniversario do seu pasamento. Será ás 12.00 horas no auditorio de Soutelo de Montes.

Organiza: Concello de Forcarei e Familia de Virxilio Viéitez

Seguir lendo

Os Abrentes recrean a primeira formación dos Gaiteiros de Soutelo

Formación.jpg

O vindeiro sábado 18 de agosto levarase a cabo a XXXIX Festa do Gaiteiro, homenaxeando a Avelino Cachafeiro.

Neste ano 2018 temos que sinalar o 90 aniversario da primeira gravación da popular “Muiñeira de Chantada” realizada no ano 1928 polos Gaiteiros de Soutelo.

A súa primeira formación estaba composta por unha gaita, tocada por Avelino Cachafeiro, un frautín feito polo artesán Joaquín García García no seu obradoiro de Riobó, tocado por Castor Cachafeiro, unha caixa tocada por Bautista Cachafeiro e un bombo tocado por Fermín Cachafeiro.

Gaiteiros de Soutelo

Seguir lendo