IV Festival de música tradicional

Xa temos cartel para o “IV Festival de música tradicional de Cerdedo”! Apuntade a data: sábado 27 de maio ás 20:30h no Centro Cultural de Cerdedo.

Cartel - IV Festival de Música Tradicional de Cerdedo

– A. C. Foula de Cotobade –
– Pandereteiras Tremelique (O Rosal) –
– Os Muiñeiros do Sarela –
– Airiños da Fracha –
– A. C. Os Abrentes de Cerdedo –

Organiza: A. C. Os Abrentes de Cerdedo
Colaboran: Concello de Cerdedo-Cotobade e Deputación de Pontevedra


DESCARGAS

MÚSICA TRADICIONAL PARA EVENTOS

A “Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo” conta cun grupo de gaitas con máis de vinte anos de andaina. Na súa traxectoria teñen tocado en diversos actos tanto oficiais coma privados coma vodas, congresos, festivais, homenaxes… Por exemplo o “28 Congreso Nacional de Farmacoloxía” ou o “57 Congreso Nacional de Pediatría” celebrados en Santiago de Compostela, diversos actos oficiais por parte de concellos e institucións ou chegando incluso a tocar diante de Felipe VI.

Se vos queredes poñer en contacto directo coa nosa asociación deixamos de seguido o correo electrónico: osabrentes@gmail.com

FESTA DO GAITEIRO DE SOUTELO

Fai anos no día de hoxe celebrábase a festa do gaiteiro de Soutelo, na honra do gran Avelino Cachafeiro onde o noso grupo de gaitas participou ata en tres ocasións:

  • 1997 – “XVIII Festa do Gateiro de Soutelo”, o día 23 de agosto.
  • 2002 – “XXIII Festa do Gateiro de Soutelo”, o día 17 de agosto.
  • 2003 – “XXIV Festa do Gateiro de Soutelo”, o día 23 agosto.

Hoxe na súa memoria vaise facer un xantar popular na súa honra onde o noso grupo de gaitas vai colaborar. Noraboa aos organizadores por esta iniciativa e que se faga durante moitos anos máis!

Os Gaiteiros de Soutelo.jpg