
Dende a A. C. Os Abrentes de Cerdedo queremos desexarvos unhas… Felices festas!
Dende a A. C. Os Abrentes de Cerdedo queremos desexarvos unhas… Felices festas!
O pasado venres 16 de decembro o noso grupo de gaitas desplazouse ata o Balneario de Laias (Ourense) para porlle música á XLII Reunión do GENN (Grupo Español de Neurotransmisión e Neuroprotección).
A Red GENN xurdiu estontáneamente en 1983 cando un grupo de neurocientíficos e neurofarmacólogos decidiron reunirse periódicamente para intercambiar ideas e establecer colaboracións nos campos da comunicación neuronal (neurotransimións) e a morte neuronal, así como na forma de prever ou retrasar esta (neuroprotección, neurorreparación).
Queremos dar as grazas por convidarnos. Esta participación súmase á nosa lista de actuacións destacadas en congresos xunto o 28 Congreso Nacional de Farmacoloxía celebrado en Cambados no ano 2006 e o 57 Congreso Nacional de Pediatría celebrado en Santiago de Compostela no ano 2008.
As I Xornadas das músicas da Terra de Montes nacen a raíz do proxecto Músicas da Terra de Montes do músico Rubén Troitiño. Neste proxecto inténtanse englobar todas as músicas das zonas do vello concello de Cerdedo e concello de Forcarei.
Nos dous días de duración destas xornadas poderedes atopar as seguintes actividades: exposicións, conferencias, presentacións de proxectos, mesa redonda, obradoiros, concertos e ruada aberta.
Sábado 15 de outubro en Cerdedo (Cerdedo-Cotobade) adicado ás bandas de música e o sábado 22 de outubro en Soutelo de Montes (Forcarei) adicado á música tradicional.
Para calquer dúbida, aclaración ou para anotarse nos obradoiros podédelo facer a través da seguinte dirección de correo electrónico:
musicasdaterrademontes@gmail.com
*Notas:
PROGRAMA – PDF | CARTEL+PROGRAMA – PDF