II Festival tradicional galego “Os Ventos”

O vindeiro sábado 26 de maio celebrarase o “II Festival tradicional galego Os Ventos” ás 19:30h na SCD Nautilus de San Andrés de Comesaña (Vigo).

Os grupos participantes son os seguintes:

  • Grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo
  • Banda de gaitas María Soliña (Cangas)
  • Grupo de gaitas No colo do vento (Os Ventos de Comesaña)

Invitado especial: Xosé Manuel Fernández (Muxicas)

Advertisements

V Festival de música tradicional – Cerdedo

Xa temos cartel para o “V Festival de música tradicional de Cerdedo”! Apuntade a data: sábado 19 de maio ás 20:30h no Centro Cultural de Cerdedo.

Cartel Abrentes.png

– Pandereteiras Rebuldeiras –
– Os Fervellos do Pío –
– Os Afoutes do Canón de Pau –
– Agrupación Folclórica Celme –
– A. C. Os Abrentes de Cerdedo –

Organiza: A. C. Os Abrentes de Cerdedo
Colaboran: Concello de Cerdedo-Cotobade e Deputación de Pontevedra


DESCARGAS

Maqueta – 5 temas

Os Abrentes de Cerdedo.pngDespois de 23 anos de andaina, o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo pisa un estudio de gravación para deixar recollida de forma dixital unhas pezas do seu repertorio. Publícanse en internet cinco temas, onde tres deles foron gravados neste ano 2017 en Vigo. Con esta gravación, o grupo de gaitas intenta amosar o seu traballo buscando a maior naturalidade nunha gravación realizada nunha tarde de sábado para amosar a súa frescura e espontaneidade.

Seguir lendo