Homenaxe a Ricardo Portela – 2019

maxresdefault.jpg

O vindeiro venres 16 de agosto estará o noso grupo de gaitas homenaxeando ao mestre Ricardo Portela na Praza do Concello en Carballedo (Cerdedo-Cotobade) ás 20:30h. Para nós, coma cada ano, é unha honra poder participar neste acto.

Neste festival tamén participarán os nosos compañeiros Os Trazantes de Tenorio, Asociación Cultural Foula e Os Afoutes do Canón de Pau.

67712377_1362936200548272_5721046293975924736_n.jpg

Muiñeira para Antonio Fraguas

Antonio Fraguas.png

Muiñeira para Antonio Fraguas adicada a este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo. Na gravación desta peza participan catro asociacións do concello de Cerdedo-Cotobade: Os Afoutes do Canón de Pau, Os Trazantes de Tenorio, Foula e Os Abrentes de Cerdedo.

Podedes escoitala de forma gratuíta no seguinte enlace ou directamente dende esta web.

Enlace directo:
https://soundcloud.com/proxectohomenaxe/muineira-para-antonio-fraguas-ruben-troitino

Seguir lendo

Antonio Fraguas

Promo 2.png

Rubén Troitiño…

“O vindeiro domingo día 12 xa estará dispoñible en internet a miña pequena homenaxe ao protagonista este ano polo día das Letras Galegas.

Muiñeira para Antonio Fraguas, adicada a este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo. Na gravación desta peza participan catro asociacións do concello de Cerdedo-Cotobade: Os Afoutes do Canón de PauOs Trazantes de TenorioA. C. Os Abrentes de Cerdedo e a Asociación Cultural Foula.

Presentarase en primicia na sintonía de Radio Galega Música da man de Emilio Españadero no programa Lume Na Palleira.”

Esta gravación estará dispoñible tanto na web do autor da peza coma na nosa onde a poderedes escoitar de forma gratuíta. Pola nosa parte agradecer poder participar neste proxecto xunto coas asociacións veciñas.

Para máis información: www.rubentroitino.com