TRAXECTORIA

1997 – Actuación na XVIII Festa do Gateiro de Soutelo, o día 23 de agosto (Soutelo de Montes – Forcarei).

Outros dos grupos participantes na Festa do Gaiteiro foron: Colexio P. Ribadumia, Tromentelo, Tequexetéldere, Os Trazantes de Tenorio, Os Gaiteiros de Soutelo e Coros e Danzas Terra de Montes.

1997 – Gravación para a Televisión de Galicia no programa Galicia enteira.

2001 – Voda privada no Pazo de Gondomar coa asistencia Felipe de Borbón, SAR Principe de Asturias, no mes de xuño.

2001 – Actuación na Festa da Fervenza en Vimianzo, no mes de setembro.

2002 – Actuación na XXIII Festa do Gateiro de Soutelo, o día 17 de agosto (Soutelo de Montes – Forcarei).

2003 – Participación na Homenaxe ás xentes do mar: un berro contra a incompetencia.

Sábado, 4 de xaneiro de 2003 organizado por Verbo Xido (Asociación Cultural e Medioambiental de Terra de Montes), no lugar da Casa do Pobo de Pedre (Cerdedo- Pontevedra) coa idea base de informar da catástrofe do Prestige no interior de Galiza, enfatizando na axuda mutua entre as xentes de terra adentro e de mar, posto que formamos parte dun mesmo país e a todos e a todas en menor ou maior medida nos afectan as repercusións da desfeita. Tamén se quere botar unha man, para evitar que a xente que vive directamente do mar teña un doble castigo, producido pola desinformación encol da calidade dos seus productos e a súa conseguinte desvalorización. Outros grupos participantes: Rabisaco (Pontevedra), Viñalar Fantastic Band (Pontevedra).

Colaboradores: Comunidade de Montes de Pedre (Cerdedo), Coordinadora Pola Defensa do Río Lérez, Asociación Cultural Canle de Lira (Carnota), Etnográfico Mascato (Cambados), Sindicato Labrego Galego, AMEGROVE, Asociación Pola Defensa da Ría (Pontevedra), Asociación Cultural Cañón de Pau (Cotobade), Asociación de Veciños Santa Bárbara (Soutelo de Montes), Plataforma Nunca Máis.

2003 – Actuación na XXIV Festa do Gateiro de Soutelo, o día 23 de agosto (Soutelo de Montes – Forcarei).

2004 – Participación no I Festival Folc de Cerdedo.

2005 – Participación no II Festival Folc de Cerdedo.

2006 – Participación na Homenaxe aos Gaiteiros de Soutelo organizada por Verbo Xido (Asociación Cultural e Medioambiental de Terra de Montes).

Participaron ademáis: Os Chichisos de Pontevedra, Os Trazantes de Tenorio, Os Diplomáticos do Acordeón e como gaiteiro solista Juanjo Fernánde

2006 – Actuación no Teatro Principal en Pontevedra con motivo da Homenaxe ás Pandeireteiras de Barro de Arén.

Nesta homenaxe compartiron escenario cos grupos: Tear de Llerena, Leilia, Xirandola e Donicelas. Día 4 de xuño.

2006 – Actuación en Vilaboa con motivo do Xacobeo´06: Vai de Camiño, sons e representacións nos camiños de Santiago. Xunta de Galicia: Conselleria de innovación e industria; S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

2006 – Actuación en Sons da Rapa, domingo 2 de xullo na Rapa das Bestas (Sabucedo – A Estrada).

2006 – Actuación no 28 Congreso Nacional de Farmacoloxía. Cambados 21/9/2006. Organizado polo Colexio Farmacéutico de Santiago de Compostela.

2007 – Participación no II Festival de Reis celebrado no lugar de Santa María de Sacos (Cotobade), día 6 de xaneiro.

2007 – Actuación en Sanxenxo, o día 28 de xullo, con motivo do Xacobeo´07: Vai de Camiño, sons e representacións nos camiños de Santiago. Xunta de Galicia: Conselleria de innovación e industria; S. A. de Xestión do Plan Xacobeo.

2007 – Participación na Homenaxe ao Gaiteiro de Sorribas, Adelino Pichel, polo centenario do seu nacemento.

2007 – Sábado, 1 de Nadal, Polafía en Cerdedo (Pontevedra). Proxecto da Aelg e a D.X. de Creación e Difusión Cultural.

As polafías son unha proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, que conta co patrocinio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e coa colaboración de diversas asociacións locais.

A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego.

O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,…) con semellantes contidos.

A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio.

O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores…etc, serán os veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas. O que suceda nas polafías será gravado e logo difundido a través da web da AELG (Asociación de Escritores en Lengua Galega – http://www.aelg.org/).

POLAFÍA EN CERDEDO (PONTEVEDRA) Lugar: Antiga Cámara Agraria. Data: sábado, 1 de decembro de 2007. Hora: 19 horasI. nterviron: Divulgador: Carlos Solla e Antonio Reigosa Músico: Antón Castro. Narrador/a oral: Manuel Cortizo, Xosé Cortizo, María Varela.

Na mostra participaron a A. C. Os Abrentes de Cerdedo, e Rubén Troitiño que tocou cunha gaita “antiga”, de finais do século XIX que fora propiedade do mestre e músico Ramón Lavandeira Limeres. Outros participantes foron Os Chichisos de Pontevedra e o músico Antón Castro.

2008 – Actuación na VIII Festa da Vincha, o día 3 de febreiro, no lugar de Cerdedo.

VIII Festa da Vincha, doce típico dos carnavais da zona de Cerdedo. Tamén participaron nesta festa o grupo de gaitas Son da terra, de Soutelo de Montes, e o pregón foi a cargo de Toñito de Poi.

2008 – Actuación na III Festa Gastronómica do Xabarín, o día 27 de abril na localidade de Cerdedo.

Tamén participaron nesta festa a Banda de Gaitas de Barbude, A Estrada. O pregón foi a cargo de Xabier Fortes, director de informativos da TVE en Galicia.

2008 – Actuación no 57 Congreso Nacional de Pediatría celebrado en Santiago de Compostela o día 5 de xuño.

2008 – Actuación da Charanga Os Abrentes de Cerdedo  no Parador de Pontevedra con motivo da Feira Franca de Pontevedra.

2009 – Gravación do programa Alalá da Televisión de Galicia no mes de marzo adicado a Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo.

Nesta gravación colaboraron as Pandeireteiras de Barro de Arén.

2009 – Actuación no programa Luar da Televisión de Galicia presentado por Xosé Ramón Gayoso e Nieves Rodríguez o venres 17 de abril.

Esta actuación foi conxunta coas Pandeireteiras de Barro de Arén interpretando a peza tradicional “Como che vai miña rosa…”.

2009 – Actuación na IV Festa Gastronómica do Xabarín, o día 26 de abril na localidade de Cerdedo.

Tamén participaron nesta festa as Pandeireteiras de Barro de Arén e o grupo folk A Roda.

2009 – Actuación na homenaxe a Os Alegres de Pontevedra, polo seu 70 Aniversario. Celebrado no Teatro Principal da cidade de Pontevedra, o día 5 de decembro.

Compartindo esceario con: Os do luns (Poio), Os murgueiros da Xistra (Coruxo), Picuiña (Marín), Foula (Cotobade), Os terribles de Arousa (Arousa), Os Chichisos (Pontevedra) e Val da maia (Ames).

2010 – Actuación na X Festa da Vincha, o día 14 de febreiro, no lugar de Cerdedo.

Tamén participaron nesta festa Os Chichisos de Pontevedra.

2010 – Actuación na V Festa Gastronómica do Xabarín, o día 25 de abril na localidade de Cerdedo.

Tamén participaron nesta festa o grupo folk A Roda.

2010 – Actuación na XV Festa da Anguía, os días 3 e 4 de xullo na localidade de Pontesampaio.

Organiza: Asociación de Naseiros Alvedosa de Arcade e Asociación de Gaiteiros Galegos. Colaboran: Xacobeo 2010 e Xunta de Galicia. Patrocina: Concello de Pontevedra.

2010 – Actuación na Foliada do demo – Revive as verbenas populares dos anos 50 o día 23 de agosto na localidade de Pontevedra (Praza da Pedreira).

Compartindo esceario con: Os Chichisos (Pontevedra) e Os trebellos (Morrazo).

2011 – Actuación na VI Festa Gastronómica do Xabarín. O día 24 de Abril na localidade de Cerdedo.

2011 – Organización e participación xunto coas Pandeireteiras de Quireza do I Festival de música tradicional de Cerdedo o día 30 de abril no lugar de Cerdedo.

2011 – Atuación no I Certamen Ricardo Portela de Escolas de Música tradicional no lugar de Viascón o día 2 de xullo.

2011 – Actuación nas Músicas de taberna o día 20 de Agosto no lugar de Pontevedra.

2012 – Actuación na XXXIII Festa do Gateiro de Soutelo, o día 18 de agosto (Soutelo de Montes – Forcarei).

2013 – Actuación no Certame nacional galego de narracións breves Premio Modesto R. Figueiredo, convocado pola Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro no lugar de Cerdedo.

2013 – Actuación no I Festival Folclórico Solidario de Tenorio organizado polo grupo Os Trazantes de Tenorio.

2014 – Actuación no I Festival de música tradicional A Seneira, en Baiona, organizado pola A. C. A Seneira.

Neste festival tamén participaron: Agrupación da Escola de Música Tradicional de Ourense De pé feito, Os gaiteiros do AGADIC e A Seneira.

2015 – Participación no acto/homenaxe ao deportista D. Álvaro Fernández Fiuza polos seus éxitos, celebrado o sábado 14 de novembro na Casa do Concello e na Casa do Pobo de Santa María de Sacos (Cotobade).

2015 – Actuación no programa O país máis grande do mundo da Televisión de Galicia o martes 1 de decembro.

2016 – Actuación na entrega de premos dos concursos II Concurso de debuxo Álvaro Fernández Fuiza e no I Concurso de redacción Álvaro Fernandez Fiuzaorganizado pola Xunta Veciñal de Montes en Man Común de Sta. María de Sacos na Casa do Pobo (Cotobade) o domingo 20 de novembro.

2016 – Actuación no IV Festival Folclórico Solidario de Tenorio organizado polo grupo Os Trazantes de Tenorio o día 3 de decembro.

2017 – Actuación na XXXVIII Festa do Requeixo da Corredoira (Concello Cerdedo-Cotobade) o día 16 de xuño.

2017 – Participación do grupo de gaitas na Homenaxe a Ricardo Portela polo 25 aniversario do seu pasamento celebrado en Carballedo o venres 18 de agosto. Nesta homenaxe tamén participaron: Banda Unión Musical de Tenorio, A. C. Os Trazantes de Tenorio e a A. C. Os Afoutes do Canon de Pau. Ademáis tamén estivo o músico Oscar Ibáñez, onde se puido escoitar a gaita orixinal de Ricardo Portela.

2017 – Actuación no 40 aniversario da Sociedade Deportiva Caroi o día 19 de agosto.

2017 – Participación na III Festa do pan de millo e ovo de Cotobade organizada pola A. C. Foula o sábado 23 de setembro de 2017.

2017 – Actuación na XV Festa do cogumelo o día 5 de novembro en Soutelo de Montes (Forcarei).

2017 – Actuación no programa Luar daTelevisión de Galicia presentado por Xosé Ramón Gayoso o venres 1 de decembro.

2017 – Actuación no programa Aquí Galicia da Televisión de Galicia o sábado 2 de decembro dende a Festa da Richada no lugar de Forcarei.

2017 – Participación no programa Lume na palleira de Radio Galega Música, por Emilio Españadero, presentando a primeira maqueta do grupo de gaitas na sección O recuncho da palleta da Asociación de Gaiteiros Galegos, entrevista realizada por Gustavo Couto o domingo 3 de decembro.

2018 – Participación no II Festival tradicional galego “Os Ventos” celebrado o sábado 26 de maio na SCD Nautilus de San Andrés de Comesaña (Vigo). Neste festival participaron os seguintes grupos: Grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo, Banda de gaitas María Soliña (Cangas), Grupo de gaitas No colo do vento (Os Ventos de Comesaña). Invitado especial: Xosé Manuel Fernández (Muxicas).

2018 – Actuación en RapaSons’18, o domingo 8 de xullo na Rapa das Bestas (Sabucedo – A Estrada).

2018 – Participación do grupo de gaitas na Homenaxe a Ricardo Portela celebrado en Carballedo o venres 17 de agosto. Nesta homenaxe tamén participaron: Banda Unión Musical de Tenorio, A. C. Os Trazantes de Tenorio e a A. C. Os Afoutes do Canon de Pau.

2018 – Actuación na XXXIX Festa do Gateiro de Soutelo, o día 18 de agosto (Soutelo de Montes – Forcarei).

2018 – Actuación na Homenaxe a Virxilio Viéitez, o día 19 de agosto (Soutelo de Montes – Forcarei).

2019 – Participación no VI Festival de música tradicional de Forcarei organizado pola Banda de Gaitas do Concello de Forcarei. Edición adicada ao grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo polo 25 aniversario. Grupos participantes: Grupo de pandeiretas Lus de Keikoa de Forcarei, Grupo de baile tradicional Aldail de Calo, Coral de Ruada de Ourense e a Banda de Gaitas do Concello de Forcarei.

2019 – Gravación da peza Muiñeira de Antonio Fraguasde Rubén Troitiño co gallo da celebración do día das Letras Galegas. Nesta gravación tamén participaron: Foula de Cotobade, Os Trazantes de Tenorio e os Afoutes do Canón de Pau.

2019 – Participación no III Festival Abrente Folk celebrado o domingo 2 de xuño en Mos. Grupos participantes: Pandereteiras Arume de Guizá, Grupo de baile Celado de Cela, Coro galego Abrente, Moañesa de Música e Danza, Os Terribles de Donas e Grupo de gaitas Son do Abrente.

2019 – Actuación na XL Festa do Requeixo da Corredoira (Concello Cerdedo-Cotobade) o día 26 de xuño.

2022 – Actuación na Ruada das Letras Galegas por Avelino Cachafeiro en Soutelo de Montes (Concello Forcarei) o día 14 de maio organizado polo Concello de Forcarei coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

2022 – Actuación na XLIII Festa do Gateiro de Soutelo, o día 20 de agosto (Soutelo de Montes – Forcarei).

2022 – Colaboración co gaiteiro Carlos Núñez en Viascón o sábado 27 de agosto xunto ás agrupacións: Os Trazantes de Tenorio, Foula e os Afoutes do Canón de Pau.

2022 – Participación nas I Xornadas de músicas da Terra de Montes o sábado 22 de outubro no auditorio de Soutelo de Montes (Forcarei).

2022 – Actuación no XLII Reunión do GENN (Grupo Español de Neurotransmición e Neuroprotección) celebrado no Balneario de Laias (Ourense) o venres 16 de setembro.

E por último, facer referencia a todas aquelas outras festas e romerías, principalmente na zona de Cerdedo-Terra de Montes, onde actuamos en repetidas ocasións… etc. non menos importantes que as destacadas.