O vindeiro venres 16 de agosto estará o noso grupo de gaitas homenaxeando ao mestre Ricardo Portela na Praza do Concello en Carballedo (Cerdedo-Cotobade) ás 20:30h. Para nós, coma cada ano, é unha honra poder participar neste acto.
Neste festival tamén participarán os nosos compañeiros Os Trazantes de Tenorio, Asociación Cultural Foula e Os Afoutes do Canón de Pau.