25 Aniversario

O sábado 19 de outubro de 2019 festexamos o 25 aniversario do noso grupo de gaitas celebrando o VI Festival de música tradicional de Cerdedo ás 20:00h no Centro Cultural de Cerdedo.

VI Festival - 25 aniversario

Os grupos presentes neste festival foron:

Presentou o acto Malores Villanueva

Organiza: A. C. Os Abrentes de Cerdedo
Colaboran: Concello de Cerdedo-Cotobade e Deputación Pontevedra

DESCARGAS


Felicitacións en video

Neste recuncho poderás ver todas as felicitacións en video que estamos a recibir. Moitísimas grazas a todas e a todos por estas mostras de agarimo: Xulio Lorenzo e Diego Bea, Gustavo Couto, Ana Pérez, Tremelique, A Seneira, Guillerme Inácio, David Bellas, Xabier Díaz, Abóbriga, obradoiro de gaitas Seivane, Luar na LubreA Roda, Carlos BlancoOs Fervellos do Pío, Os Muiñeiros do Sarela, Os Saljariteiros, Os Melidaos e Tanxugueiras.


No ano 2017 tivemos unha visita moi especial nun dos nosos ensaios. Neste 2019 temos outra pequena sorpresa.. Xulio Lorenzo envíanos esta mensaxe xunto con Bea Besada polo 25 aniversario do noso grupo de gaitas. Queremos dar as grazas a estes dous grandes músicos polas súas palabras neste ano tan importante para nós. Moitos éxitos!
P.D.: Cantos da Ialma… discazo!


No día de hoxe recibimos outra grata sorpresa! Gustavo Couto, dende o local de ensaio do OCT Ultreia, súmase ás felicitacións polos 25 anos do grupo de gaitas. Xa van dous anos dende que nos atopamos con el, xunto a Emilio Españadero, no programa Lume Na Palleira de Radio Galega Música. Agardamos voltar pronto coas vindeiras novidades da asociación.
Gustavo, mil grazas polo video, unha aperta moi forte!


A xornalista Ana Pérez da Televisión de Galicia súmase ás felicitacións do 25 aniversario do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo. Moitísimas grazas por estas palabras, unha aperta moi forte!


O 27 de maio do 2017 celebramos o noso “IV Festival de música tradicional de Cerdedo” onde, entre outros grupos, participaron as Pandereteiras Tremelique. Elas tamén se sumaron a gravar unha felicitación polo 25 aniversario do noso grupo de gaitas. Que dicir delas? Simplemente escoitádeas!
Mil grazas polo video e que soen esas pandeiretas!


Polo ano 2014 estiveramos tocando en Baiona grazas a esta asociación, e no 2016 viñeron eles ao noso festival de música tradicional. A Seneira súmase ás felicitacións polo 25 aniversario do noso grupo de gaitas. De novo, moitas grazas por todo compañeiras e compañeiros!
Facebook: A SENEIRA,Baiona


Chéganos outra felicitación polo 25 aniversario do grupo de gaitas do mestre Guillerme Inácio! Para nós é unha honra que persoas coma el nos envíen estas mostras de agarimo. A ver se coincidimos noutra ruada por estas terras, unha aperta moi grande!


Aquí está o músico David Bellas felicitando o 25 aniversario do noso grupo de gaitas. É unha honra para nós poder recibir este tipo de felicitacións. Mirade e escoitade o que fai coa gaita, é impresionante!
En serio, moitísimas grazas polo video, unha aperta moi forte mestre!


Dende o norte, coa súa magnífica voz, chéganos esta felicitación polo 25 aniversario do grupo de gaitas do mestre Xabier Díaz. Nunca pensamos chegar a cumplir vintecinco anos, nin tampouco recibir tantas mostras de agarimos dos artistas máis recoñecidos desta terra. Moitísimas grazas polo video!


Deixamos un novo video felicitando o 25 aniversario do noso grupo de gaitas. Nesta ocasión, e dende Baiona, chéganos este agasallo en formato musical do grupo Abóbriga. Polo ano 2014 estiveron no noso “II Festival de música tradicional de Cerdedo” celebrando tamén o 20 aniversario. Moitísimas grazas polo video! Lume!


Outro novo vídeo polo 25 aniversario do noso grupo de gaitas. Nesta ocasión súmanse dous dos artesáns máis importantes dentro do panorama da gaita galega, cremos que non fai falta moita presentación, eles son Xosé Manuel Seivane Magide e Álvaro Seivane Magide que nos gravan esta mensaxe dende o Obradoiro de Gaitas Seivane. Moitísimas grazas pola felicitación!


Quen se suma ás felicitacións do 25 aniversario do grupo de gaitas? Pois nada máis e nada menos que o grupo Luar na Lubre!
Dende Cerdedo queremos agradecer esta felicitación, moitísimas grazas!!


Seguimos recibindo videos felicitando o 25 aniversario do noso grupo de gaitas, nesta ocasión de dous dos compoñentes de A Roda! Banda máis que coñecida dentro do panorama da música galega e tamén polos veciños e veciñas de Cerdedo xa que tocaron na nosa vila en varias ocasións. Motísimas grazas a Alfredo e a David por adicarnos estas palabras.


Nós aínda estamos asimilando todas as verbas de agarimo que estamos recibindo polo 25 aniversario do noso grupo de gaitas. Nesta ocasión temos a honra de escoitar e ver a Carlos Blanco, si, estades lendo ben! Graciñas polo video e a por máis abrentes e algunhas noites!


Os Fervellos Do Pío tamén se suman ás felicitacións polo 25 aniversario do noso grupo de gaitas. Bailamos con eles en Cerdedo no noso “V Festival de música tradicional” o pasado ano 2018. Moitímas grazas polo video!


Seguimos recibindo felicitacións en vídeo, esta vez dos Muiñeiros do Sarela! No ano 2017 estiveron no “IV Festival de música tradicional” que celebramos en Cerdedo. Moitísimas grazas polo vídeo e moita música!


Outro video felicitando os 25 aniversario do grupo de gaitas, esta vez dos nosos amigos Os Saljariteiros! Estiveron por Cerdedo en maio de 2016 no noso “III Festival de música tradicional”.
Graciñas polo video!


Compartimos outro video, desta vez dun grupo de referencia dentro da música tradicional na actualidade. Os Melidaos súmanse ás felicitacións polo 25 aniversario do noso grupo de gaitas. Que podemos dicir? Para nós é unha honra que xente coma eles se sumen a enviarnos estas mostras de agarimo neste ano tan especial. Moitísimas grazas!


Seguimos recibindo algún que outro video polo 25 aniversario do noso grupo de gaitas… nesta ocasión das Tanxugueiras! Que dicir destas rapazas e da música que fan, xente nova e de calidade. Para nós é unha honra, graciñas polo video!


No día de hoxe compartimos outra felicitación polo 25 aniversario do noso grupo de gaitas, esta vez de… Cristina PatoMiguel Cabana e Roberto Comesaña, nin máis nin menos! Para nós é unha honra recibir esta mensaxe, ademáis dende o outro lado do charco, dende Arxentina. Moitísimas grazas aos tres pola felicitación, moitísimos éxitos!