O grupo de música tradicional Os Abrentes de Cerdedo naceu a partir dunha idea municipal. Fundouse no ano 1994. Isto dou lugar a unha asociación cultural, Os Arxinas, que comprendía grupo de baile, e o grupo tradicional de gaitas, Os Abrentes. Co paso do tempo desfíxose a Asociación Cultural Arxina quedando no seu lugar a A. C. Os Abrentes de Cerdedo.
A Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo foi creada para a conservación, o estudo e a difusión da música tradicional como parte fundamental da cultura e tradición do pobo galego, centrando o seu estudo na comarca Deza-Tabeirós Terra de Montes.
Na súa traxectoria de máis de vinte anos cabe destacar que no ano 2009, o programa Alalá da Televisión de Galicia adicou un episodio á historia da asociación cultural mostrando todo o traballo que esta realiza. Ademáis disto, o grupo de gaitas ten participado noutros espazos televisivos desta canle coma o Aquí Galicia, Galicia Enteira, O país máis grande do mundo ou Luar.
Diversas festas de interese ademáis de homenaxes e congresos: Festa do Gateiro de Soutelo (XVIII, XXIII e XXIV) (Soutelo de Montes – Forcarei), Festa da Fervenza (Vimianzo), Xacobeo´06 e ´07: Vai de Camiño (Vilaboa e Sanxenxo), A Rapa das Bestas (Sabucedo – A Estrada), 28 Congreso Nacional de Farmacoloxía (Santiago de Compostela), Festa da Vincha (VIII e X) (Cerdedo), Festa Gastronómica do Xabarín (III, IV, V e VI) (Cerdedo), 57 Congreso Nacional de Pediatría (Santiago de Compostela), Feira Franca (Pontevedra), XV Festa da Anguía (Pontesampaio), Foliada do demo (Pontevedra), Músicas de Taberna (Pontevedra), Certame Nacional Galego de narracións breves: Premio Modesto R. Figueiredo (Cerdedo), Homenaxe a D. Álvaro Fernández Fiuza (Cotobade), XXXVIII Festa do Requeixo (Cotobade), III Festa do pan de millo e ovo (Cotobade), XV Festa do Cogumelo (Soutelo de Montes – Forcarei)…
Na actualidade, a Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo, está integrada polo Grupo de gaitas tradicionais Os Abrentes de Cerdedo.