VI Festival de música tradicional – 25 aniversario

O vindeiro sábado 19 de outubro festexaremos o 25 aniversario do noso grupo de gaitas celebrando o VI Festival de música tradicional de Cerdedo ás 20:00h no Centro Cultural de Cerdedo.

VI Festival - 25 aniversario.png

Os grupos presentes este ano son:

Presentará o acto Malores Villanueva.

Entrada de balde ata completar aforo.

Organiza: A. C. Os Abrentes de Cerdedo
Colaboran: Concello de Cerdedo-Cotobade e Deputación Pontevedra


DESCARGAS

Homenaxe a Ricardo Portela – 2019

maxresdefault.jpg

O vindeiro venres 16 de agosto estará o noso grupo de gaitas homenaxeando ao mestre Ricardo Portela na Praza do Concello en Carballedo (Cerdedo-Cotobade) ás 20:30h. Para nós, coma cada ano, é unha honra poder participar neste acto.

Neste festival tamén participarán os nosos compañeiros Os Trazantes de Tenorio, Asociación Cultural Foula e Os Afoutes do Canón de Pau.

67712377_1362936200548272_5721046293975924736_n.jpg

Homenaxe Ricardo Portela 2018

Ricardo Portela.png

Compartimos a programación do Verán Cultural 18 do Concello de Cerdedo-Cotobade, onde o noso grupo de gaitas estará participando o día 17 de agosto na Homenaxe a Ricardo Portela.

Participaran os seguintes grupos:

  • Banda Unión Musical de Tenorio
  • A. C. Os Trazantes de Tenorio
  • A. C. Os Afoutes do Canón de Pau
  • A. C. Os Abrentes de Cerdedo

Horarios:

  • 20:45 – Ofrenda floral a Ricardo Portela na Praza do Concello (Carballedo)
  • 21:00 – Festival Folclórico

VeránCultural18.jpg