I Xornadas das Músicas da Terra de Montes

As I Xornadas das músicas da Terra de Montes nacen a raíz do proxecto Músicas da Terra de Montes do músico Rubén Troitiño. Neste proxecto inténtanse englobar todas as músicas das zonas do vello concello de Cerdedo e concello de Forcarei.

Nos dous días de duración destas xornadas poderedes atopar as seguintes actividades: exposicións, conferencias, presentacións de proxectos, mesa redonda, obradoiros, concertos e ruada aberta.

Sábado 15 de outubro en Cerdedo (Cerdedo-Cotobade) adicado ás bandas de música e o sábado 22 de outubro en Soutelo de Montes (Forcarei) adicado á música tradicional.

Para calquer dúbida, aclaración ou para anotarse nos obradoiros podédelo facer a través da seguinte dirección de correo electrónico:

musicasdaterrademontes@gmail.com

*Notas:

  • O obradoiro de Pablo Pascual ten un aforo máximo de 25 persoas por orde de inscrición previa.
  • Todas as actividades son de balde.
  • O programa pode sufrir algunha modificación de último momento. Todos os cambios serán publicados na web.

PROGRAMA – PDF | CARTEL+PROGRAMA – PDF

XL Festa do gaiteiro de Soutelo

091e89_c0be8ccfeed442cf98c0da7fc924e4c3_mv2.jpg

O vindeiro sábado 24 de agosto celebraráse en Soutelo de Montes (Forcarei) a XL Festa do gaiteiro de Soutelo. Para nós é un verdadeiro placer e unha honra poder participar un ano máis nesta festa en homenaxe ao gran Avelino Cachafeiro Bugallo. Vai ser un día de troula dende a mañá ata a noite.

Ademáis, este ano conmemórase o 50 aniversario da edición do libro de Avelino Cachafeiro Voando cas aas da vida.

Programación para ese día:

  • 11:30h: Pasarrúas
  • 12:30h: Agrupación Folclórica Celme (Pontevedra) na Praza dos Gaiteiros
  • 13:00h: Pregón e homenaxe – Carme Hermida, Rubén Troitiño e a Banda De Gaitas de Forcarei
  • 14:00h: Xantar popular no parque Venezuela
  • 17:00h: Oradaladou e A. C. Os Abrentes de Cerdedo
  • 18:00h: Serán aberto
  • 20:00h: Homenaxe a Avelino Alberte Fírvida – Acordeonistas de Celanova e Os Diplomáticos do Acordeón

VI Festival de música tradicional de Focarei

Que dicir do pasado sábado 4 de maio en Soutelo de Montes? Incrible, nada máis. Queremos dar as grazas a Banda De Gaitas de Forcarei polo seu “VI Festival de música tradicional de Forcarei”. Para nós foi unha honra que esta edición fose adicada ao noso grupo de gaitas polo 25 aniversario, non temos palabras!

IMG_2549.jpg

Destacamos o traballo incansable desta agrupación no seu día a día e tamén para organizar este tipo de eventos así coma o das agrupacións invitadas: grupo de pandeiretas Lus de Keikoa de Forcarei, grupo de baile tradicional Aldail de Calo e a Coral de Ruada de Ourense.

Pouco máis que engadir, por moitos anos máis… viva a música tradicional!