XV Festa do cogumelo – Soutelo de Montes

O vindeiro domingo 5 de novembro o noso grupo de gaitas tradicionais estará na XV Festa do cogumelo en Soutelo de Montes (Forcarei).

Programa

FC2.jpg

Advertisements

III Festa do pan de millo e ovo de Cotobade

O vindeiro sábado 23 de setembro celebrarase en Tenorio a III Festa do pan de millo e ovo de Cotobade

Programa

III Festa do pan de millo e ovo de Cotobade

Seguir lendo

Alalá – Os Abrentes na TVG2

O pasado mércores 12 de abril emitiron o programa “Alalá” onde se fala da A. C. Os Abrentes de Cerdedo na canle TVG2.

Aquí vos deixamos o programa para todos aqueles que aínda non o puideron ver:

Os Abrentes de Cerdedo son os herdeiros dunha inmensa fortuna: a enorme tradición musical que ten a comarca de Terra de Montes, unha zona onde houbo gaiteiros ilustres, como os gaiteiros de Soutelo; acordeonistas de sona; tres bandas de música a un tempo e pandereteiras en cada parroquia.

Pois ben, cada un dos Abrentes foi recollendo o saber de todos estes mestres para condensalo, ás veces, como grupo de gaitas e outras como charanga. Eles, que son oito, están encantados de ser os continuadores na transmisión de todo este tesouro musical.

As pandereteiras de Barro de Arén; Jesús Campos o dos Diplomáticos do Acordeón ou o coñecido gaiteiro e artesán Bartolo, son algúns dos mestres destes oito músicos dos Abrentes, entre os que hai un pai e un fillo e dous irmáns. Están convencidos de que a música une as xeracións e como xa a tiñan na casa só tiveron que decatarse do importante que era. Grazas a eles, segue habendo festa en Cerdedo, algo ao que os veciños estaban moi afeitos, pero que nos últimos anos foi indo a menos porque a xente marchou de alí para buscar traballo.