Xuntanza de música tradicional – Soutelo de Montes

O noso compañeiro Rubén Troitiño organiza o vindeiro sábado 27 de outubro ás 19:00h no CEIP Soutelo de Montes (Forcarei) unha xuntanza de música tradicional e posterior ruada de acceso libre.

Xuntanza.png

Os grupos participantes nesta xuntanza son os seguintes:

  • Pandereteiras Rebuldeiras (Soutelo de Montes)
  • A. C. Os Abrentes de Cerdedo (grupo de gaitas)
  • Pandereteir@s do Val de Quireza
  • Seitura (Pontevedra)

Descargar Cartel (1,6 MB)

Ademáis haberá unha pequena sorpresa…

Recordade: Sábado 27 de outubre ás 19:00h no CEIP de Soutelo de Montes (Forcarei).

Queres apuntarte á ruada? Faino no seguinte correo electrónico: rubentroitino@gmail.com

Advertisements

II Xuntanza da terceira idade Cerdedo-Cotobade

Xuntanza da terceira idade

A Xuntanza terá lugar o sábado 22 de setembro no Pavillón de Cerdedo. Iniciarase ás 12:00 horas cun acto relixioso na Igrexa de Cerdedo, posteriormente ás 12:40 horas actuación dos Abrentes de Cerdedo.

Ás 13:30 horas apertura do pavillón, o xantar de confraternización comezará ás 14:00 horas, rematado o cal haberá diversas actividades culturais e de lecer.

O Concello pon a disposición dos veciños autobuses para que todo o mundo poida acudir á comida, deberán comunicalo no momento da inscrición, os días 20 ao 21 de setembro terán que chamar o concello para saber parada e horas de recollida.

Seguir lendo