XXXIX Festa do Gaiteiro no Vaia Troula da TVG

Vaia Troula

Gravación do programa Vaia Troula da Televisión de Galicia na XXXIX Festa do Gaiteiro (Soutelo de Montes – Forcarei) o sábado 18 de agosto de 2018.

Advertisements

A XXXIX Festa do Gaiteiro en “Vaia Troula” da TVG

Vaia Troula.jpg

Todos os domingos, as festas de Galicia son as protagonistas do programa Vaia Troula. Da man de Nieves Rodríguez, os espectadores galegos terán a oportunidade de coñecer de preto e ser tamén os protagonistas das moitas celebracións e festas espalladas por toda o país.

Neste domingo, día 19 de agosto, Nieves Rodríguez dará a benvida desde algunhas festas, mentres que as reporteiras Belén Vara, Ariadna Leis e Belén Rivero achegaranse a outras tantas celebracións de Galicia. Hoxe lembra como eran antigamente os labores no campo desde a 19 edición da Malla Tradicional de Doade. Nunha fin de semana repleta de festas, o espazo estará na Festa do Esquecemento de Xinzo, no Entroido de Redondela, no Naufraxio de Laxe e na XXXIX Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes, onde tamén sairá o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo, entre outras moitas festas.