Gravación do programa Vaia Troula da Televisión de Galicia na XXXIX Festa do Gaiteiro (Soutelo de Montes – Forcarei) o sábado 18 de agosto de 2018.
Gravación do programa Vaia Troula da Televisión de Galicia na XXXIX Festa do Gaiteiro (Soutelo de Montes – Forcarei) o sábado 18 de agosto de 2018.
Todos os domingos, as festas de Galicia son as protagonistas do programa Vaia Troula. Da man de Nieves Rodríguez, os espectadores galegos terán a oportunidade de coñecer de preto e ser tamén os protagonistas das moitas celebracións e festas espalladas por toda o país.
Neste domingo, día 19 de agosto, Nieves Rodríguez dará a benvida desde algunhas festas, mentres que as reporteiras Belén Vara, Ariadna Leis e Belén Rivero achegaranse a outras tantas celebracións de Galicia. Hoxe lembra como eran antigamente os labores no campo desde a 19 edición da Malla Tradicional de Doade. Nunha fin de semana repleta de festas, o espazo estará na Festa do Esquecemento de Xinzo, no Entroido de Redondela, no Naufraxio de Laxe e na XXXIX Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes, onde tamén sairá o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo, entre outras moitas festas.
Luar estrea o mes de decembro coa música de Niña Pastori, cantadora de flamenco, con 22 anos de carreira, que conseguiu que todos os seus discos foran ouro e platino. Ao programa tamén acode King África, que está a celebrar 25 anos no mundo da música. Outros convidados son Carolina Cerezuela e Jaime Anglada, que forman o dúo Anglada Cerezuela. A actriz alacantina revela agora a súa paixón pola música, mentres que o cantautor mallorquino, con máis de 20 anos de carreira e oito discos ás súas costas, embárcase nunha nova aventura.