Fotografías – Ricardo Portela

O pasado venres 18 celebrouse o acto homenaxe ao mestre gaiteiro Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón. Dende a Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo queremos dar as grazas a Jorge Cubela e á organización por contar con nós.

Neste acto participaron agrupacións do concello de Cerdedo-Cotobade, coma a Banda Unión Musical de Tenorio, A. C. Os Trazantes de Tenorio e a A. C. Os Afoutes do Canon de Pau. Tamén puidemos escoitar a gaita orixinal de Ricardo polo músico Oscar Ibáñez, xunto con Miguel Souto (tambor) e Rubén Troitiño (bombo), tamén membro da nosa asociación.

Fotografías: Noelia Ratel

[Máis fotografías]

Homenaxe a Ricardo Portela

Xa van 25 anos do pasamento do mestre gaiteiro Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón. Neste ano 2017 estanse a suceder diversos actos e presentacións de traballos na memoria deste gaiteiro.

Ricardo Portela - 18agosto17.jpg

O grupo de gaitas da A. C. Os Abrentes de Cerdedo sempre tivo moi presente o repertorio deste gaiteiro, dende o seus traballos discográficos en solitario: Festa en Viascón ou Alborada en Cotobade ou no seu disco co seu irmán Jesús chamado Irmáns Portela. Repertorio coma Jota da Guía, Pasodoble de Viascón, Marcha Procesional do San Benito, Foliada de Pradenda, Loliña, O fandango da vella, Aires de Pontevedra e moitas máis, quedarán sempre no recordo da nosa tradición reflexados nestas obras, máis que mestras, onde se pode escoitar unha gran limpeza, clase, estilo e toque pechado tan característico.

Seguir lendo

IV Festival Folclórico Solidario

O vindeiro sábado 3 de decembro celebrarase no IES Cotobade (Tenorio) o “IV Festival Folclórico Solidario” ogranizado polos Trazantes de Tenorio. Os grupos participantes son os seguintes:

· Sábado 3 de decembro ás 19h: IV Festival Folclórico Solidario

  1. Os Trazantes de Tenorio
  2. Os Abrentes de Cerdedo
  3. Cantareiras de Tomeza
  4. Os Afoutes do Canón de Pau (Carballedo)
  5. Airiños da Fracha (Pontecaldelas)
  6. Cantareiras Madia Leva (Mosteiro – Meis)
  7. Cantareiros Os Chispas (Pontevedra)

Ademáis, ao día seguinte segue a festa solidaria!

· Domingo 4 de decembro ás 18h: III Gala do Nen@ Trazantes

  1. Os Trazantes de Tenorio
  2. As Estreliñas (Pontecaldelas)
  3. Grupo Cantalúa (Campolameiro)
  4. Pandereteiras Alandra (Campolameiro)
  5. Manoele de Felisa
  6. Grupo de animación “Os Piñeiriños”
  7. Banda de Música Unión Musical de Tenorio”

III Gala .jpeg