
Ruada das Letras Galegas por Avelino Cachafeiro

Que dicir do pasado sábado 4 de maio en Soutelo de Montes? Incrible, nada máis. Queremos dar as grazas a Banda De Gaitas de Forcarei polo seu “VI Festival de música tradicional de Forcarei”. Para nós foi unha honra que esta edición fose adicada ao noso grupo de gaitas polo 25 aniversario, non temos palabras!
Destacamos o traballo incansable desta agrupación no seu día a día e tamén para organizar este tipo de eventos así coma o das agrupacións invitadas: grupo de pandeiretas Lus de Keikoa de Forcarei, grupo de baile tradicional Aldail de Calo e a Coral de Ruada de Ourense.
Pouco máis que engadir, por moitos anos máis… viva a música tradicional!
O vindeiro sábado 4 de maio ás 20:30 no Auditorio de Soutelo de Montes (Forcarei) terá lugar o “VI Festival de música tradicional de Forcarei” organizado pola Banda de Gaitas do Concello de Forcarei. Neste ano a edición estará adicada ao grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo polo 25 aniversario.
Dende a A. C. Os Abrentes de Cerdedo queremos agradecer esta adicatoria. Para o grupo de gaitas é toda unha honra ter esta homenaxe, ademáis vindo de desta banda de gaitas, cunha carreira máis que consolidada e mantendo viva as nosas músicas e tradicións dentro da contorna de Terra de Montes.
Os grupos participantes serán os seguintes:
Entrada libre ata completar aforo.
Descargar: VI Festival de música tradicional de Forcarei
Organiza: Banda de Gaitas do Concello de Focarei
Colabora: Concello de Focarei | Deputación de Pontevedra