Candidaturas aos Premios Rebulir 2020 da Cultura Galega

Captura de pantalla 2020-07-17 a las 17.22.41

Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo está nominada aos Premios Rebulir 2020 da Cultura Galega na categoría de Música Galega. Para nós é un verdadeiro pracer poder estar nominados nesta categoría xunto a Tanxugueiras, Pili Pampín, A. C. Traspès, A. C. F. O Fiadeiro, Cantigas e Agarimos, A Ponte Vella, Xabier Díaz, Rolle, Proxecto Arredores, Mercedes Peón, Javier Feijoo – Xisco e Sabela Ramil.

Pese a ser unha asociación cultura pequena temos unha traxectoria de 26 anos onde traballamos para a conservación, o estudo e a difusión da música tradicional como parte fundamental da cultura e tradición do pobo galego, centrando o seu estudo na comarca Deza-Tabeirós Terra de Montes.

Cabe destacar que no ano 2009, o programa Alalá da Televisión de Galicia adicou un episodio á historia da asociación cultural mostrando todo o traballo que esta realiza. Ademáis disto, o grupo de gaitas ten participado noutros espazos televisivos desta canle coma o Aquí GaliciaGalicia EnteiraO país máis grande do mundo ou Luar.

Seguir lendo