PonteGal 2020

Pontegal

O grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo dentro do Plan “Pontegal 2020“.

A Deputación de Pontevedra impulsa e fomenta a cultura popular galega nas súas múltiples e variadas expresións artísticas.

Co fin de dota ás entidades interesadas dunha ampla oferta de grupo créase o Catálogo de grupos Pontegal da provincia de Pontevedra, que configúrase coma o inventario de grupos, artistas e compañías, nas súas múltipes e variadas expresións artísticas, co fin de favorecer e impulsar a actividade artística e a riqueza da cultura popular existente na provincia de Pontevedra.

Este catálogo pretende ser un instrumento vivo, útil e eficaz para o coñecemento dos diferentes grupos de música, teatro, danza e outras modalidades artísticas da provincia. Nel recollerase información detallada sobre cada un dos grupos ou artístas.


Onde atoparnos?

Para buscarnos no plan PonteGal’20 simplemente deberás introducir o seguinte nome no buscador do Catálogo de grupos: GRUPO DE GAITAS OS ABRENTES DE CERDEDO

As solicitudes teñen que presentarse cunha antelación de máis de 30 días naturais con respecto á data de realización da actuación, previamente comunicado co grupo de gaitas.

Para máis información: osabrentes@gmail.com