Os Abrentes en Radio Galega Música

O pasado domingo 8 de decembro a A. C. Os Abrentes de Cerdedo estivo no programa Lume na Palleira dirixido por Emilio Españadero na sintonía de Radio Galega Música na sección O recuncho da palleta da Asociación de Gaiteiros Galegos, nesta ocasión presentado por Gustavo Couto, presentando tres novas gravacións do grupo de gaitas co gallo do seu 25 aniversario.

78852765_2582696985099548_5590170484323909632_n.jpg

No seguinte enlace poderedes escoitar todo o programa: Lume na palleira

Lume na palleira – Radio Galega Música

O vindeiro domingo 8 de decembro o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo participará na sección O recuncho da palleta dentro do programa Lume na palleira (Radio Galega Música), dirixido por Emilio Españadero e coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos, neste día con Gustavo Couto, presentando tres novos temas gravados co gallo do 25 aniversario do grupo de gaitas.

AGG LNP.png

Lume na palleira – Radio Galega Música

Programa especializado na música folk e tradicional, principalmente a propia de Galicia pero con atención puntual ás propostas chegadas doutros lugares. Conducido por Emilio Españadero.

A dinámica do programa inclúe música en directo, entrevistas, presentacións de discos, información de concertos e festivais e, sempre que é posible, o contacto directo cos oíntes a través do teléfono e da internet.

Horario de emisión: domingos de 17:00h a 19:00h

Enlaces:

Lume na palleira – Manuela das Marianas de Barro de Arén

O vindeiro domingo 1 de abril ás 17h no Recuncho da palleta, dentro do programa Lume na palleira (Radio Galega Música), dirixido por Emilio Españadero e coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos, Guillerme Ignacio Costa lembrará á recentemente falecida Manuela das Marianas de Barro de Arén (Cerdedo).

LNP.png

Os Abrentes de Cerdedo participaremos recordando a estreita relación que mantíñamos tanto con ela coma con tódalas pandereteiras de Barro de Arén.

2012_02_26_IMG_2012_02_26_233A443A53_dz9.jpg

Manuela Cortizo Medal || Bernabé/Luismy