O Recuncho Da Palleta (con Gustavo Couto e a visita dos Abrentes de Cerdedo presentándonos as súas novas gravacións) – Entrevista ao grupo A Vacaloura Vermella (presentación do seu disco “As Jotas Para O Café”)
na
Lume na palleira – Radio Galega Música
O vindeiro domingo 3 de decembro o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo participará na sección O recuncho da palleta dentro do programa Lume na palleira (Radio Galega Música), dirixido por Emilio Españadero e coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos, neste día con Gustavo Couto, presentando a súa primeira maqueta.
Lume na palleira – Radio Galega Música
Programa especializado na música folk e tradicional, principalmente a propia de Galicia pero con atención puntual ás propostas chegadas doutros lugares. Conducido por Emilio Españadero.
A dinámica do programa inclúe música en directo, entrevistas, presentacións de discos, información de concertos e festivais e, sempre que é posible, o contacto directo cos oíntes a través do teléfono e da internet.
Horario de emisión: domingos de 17:00h a 19:00h
Enlaces: