Muiñeira para Antonio Fraguas

Antonio Fraguas.png

Muiñeira para Antonio Fraguas adicada a este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo. Na gravación desta peza participan catro asociacións do concello de Cerdedo-Cotobade: Os Afoutes do Canón de Pau, Os Trazantes de Tenorio, Foula e Os Abrentes de Cerdedo.

Podedes escoitala de forma gratuíta no seguinte enlace ou directamente dende esta web.

Enlace directo:
https://soundcloud.com/proxectohomenaxe/muineira-para-antonio-fraguas-ruben-troitino

Seguir lendo

Antonio Fraguas

Promo 2.png

Rubén Troitiño…

“O vindeiro domingo día 12 xa estará dispoñible en internet a miña pequena homenaxe ao protagonista este ano polo día das Letras Galegas.

Muiñeira para Antonio Fraguas, adicada a este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo. Na gravación desta peza participan catro asociacións do concello de Cerdedo-Cotobade: Os Afoutes do Canón de PauOs Trazantes de TenorioA. C. Os Abrentes de Cerdedo e a Asociación Cultural Foula.

Presentarase en primicia na sintonía de Radio Galega Música da man de Emilio Españadero no programa Lume Na Palleira.”

Esta gravación estará dispoñible tanto na web do autor da peza coma na nosa onde a poderedes escoitar de forma gratuíta. Pola nosa parte agradecer poder participar neste proxecto xunto coas asociacións veciñas.

Para máis información: www.rubentroitino.com

XXXIX Festa do Gaiteiro – Avelino Cachafeiro

Gaiteiro Soutelo 18

Non é a primeira vez que o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo participa na Festa do Gaiteiro de Soutelo: XVIII Festa do Gateiro de Soutelo (1997), XXIII Festa do Gateiro de Soutelo (2002), XXIV Festa do Gateiro de Soutelo (2003) e XXXIII Festa do Gateiro de Soutelo (2012).

Neste ano voltamos a homenaxear a Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo, na XXXIX Festa do Gaiteiro, sábado 18 de agosto, onde estaremos sobre as 13:30h no Parque Venezuela adicándolle as nosas músicas.

Hai que destacar que este ano é 90 aniversario da gravación da Muiñeira de Chantada.