Os Abrentes no programa “Lume na palleira”

24785028_1568462379878093_6793116412740865782_o.jpg

Escoitar o programa

O Recuncho Da Palleta (con Gustavo Couto e a visita dos Abrentes de Cerdedo presentándonos as súas novas gravacións) – Entrevista ao grupo A Vacaloura Vermella (presentación do seu disco “As Jotas Para O Café”)

Luar – Televisión de Galicia

O vindeiro venres 1 de decembro o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo participará no programa Luar (TVG) presentando a súa primeira maqueta en directo.

Luar TVG.png

Programa Luar da Televisión de Galicia

Luar é o único programa do seu xénero en todo o panorama televisión estatal que abrangue arredor das tres horas en directo.

O programa musical e de humor da TVG converteuse tamén nunha plataforma de promoción tanto do novo talento musical como do humorístico de Galicia. Proba disto son os concursos “Canteira de cantareiros”, “Recantos” ou “Os humorosos”. Ademais, en Luar deron os seus primeiros pasos profesionais cantantes como Lucía Pérez, parellas de humor como Os Tonechos ou Mucha e Nucha, e artistas como Luís Tosar, Paula Vázquez, Luís Zahera ou Patricia Pérez, entre outros.

Horario de emisión: venres de 22:00h a 00:30h

Enlaces: