II Festival tradicional galego “Os Ventos”

O vindeiro sábado 26 de maio celebrarase o “II Festival tradicional galego Os Ventos” ás 19:30h na SCD Nautilus de San Andrés de Comesaña (Vigo).

Os grupos participantes son os seguintes:

  • Grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo
  • Banda de gaitas María Soliña (Cangas)
  • Grupo de gaitas No colo do vento (Os Ventos de Comesaña)

Invitado especial: Xosé Manuel Fernández (Muxicas)

Advertisements

As bandas de música de Cerdedo

Publicación: As bandas de música de Cerdedo (2010)
Autor: Manuel Campos Toimil

Colaboran: Xosé Luís Troitiño Lavandeira e Rubén Troitiño García

Bandas.jpgAs bandas de música marcaron un século enteiro da vida sociocultural de Cerdedo. No período que abrangue a segunda metade do século XIX e a primeira metade do XX funcionaron nesta vila alomenos catro bandas de música, ás veces de xeito simultáneo. Ademais, os músicos de Cerdedo mesmo fundaron bandas en outras localidades, coma Campo Lameiro ou A Cañiza. A pesares dunha historia musical tan prolífica, as referencias bibliográficas ao respecto son tan escasas que poden ser consideradas como anecdóticas. O libro “As Bandas de Música de Cerdedo” ven a encher este baleiro. Dende a “Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo”, pensamos que xa vai sendo hora de que Cerdedo comece a recoñecer que ten atrás unha historia musical impresionante. Unha historia que, a piques de ser esquecida, nunca tivo recoñecemento público dabondo. “As Bandas de Música de Cerdedo”, que verá a luz nos vindeiros meses, é o resultado de máis de cinco anos de pescudas levadas a cabo por tres compoñentes do grupo de gaiteiros “Os Abrentes de Cerdedo”.

Seguir lendo