Luar estrea o mes de decembro coa música de Niña Pastori, cantadora de flamenco, con 22 anos de carreira, que conseguiu que todos os seus discos foran ouro e platino. Ao programa tamén acode King África, que está a celebrar 25 anos no mundo da música. Outros convidados son Carolina Cerezuela e Jaime Anglada, que forman o dúo Anglada Cerezuela. A actriz alacantina revela agora a súa paixón pola música, mentres que o cantautor mallorquino, con máis de 20 anos de carreira e oito discos ás súas costas, embárcase nunha nova aventura.