III Festival Abrente Folk

O vindeiro domingo 2 de xuño terá lugar o “III Festival Abrente Folk”  no Auditorio Centro Dotacional de Torroso (Mos) ás 18:30h. Festival organizado polo C. C. Abrente e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Concello de Mos e a Comunidade de Montes de Torroso.

IIIAF.jpeg

Neste ano o acto homenaxe será ao mestre gaiteiro José Martínez e participaran as seguintes agrupacións:

  • Pandereteiras Arume de Guizán
  • Grupo de baile Celado de Cela
  • Coro galego Abrente
  • Moañesa de Música e Danza
  • Grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo
  • Os Terribles de Donas
  • Grupo de gaitas Son do Abrente

Colaboración especial dos gaiteiros de: C. R. Torroso, C. C. Santa Eulalia, A Cividade, As Pedriñas, C. C. Herville, C. C. Abrente e os Exalumnos de Dornelas.

As bandas de música de Cerdedo

Publicación: As bandas de música de Cerdedo (2010)
Autor: Manuel Campos Toimil

Colaboran: Xosé Luís Troitiño Lavandeira e Rubén Troitiño García

Bandas.jpgAs bandas de música marcaron un século enteiro da vida sociocultural de Cerdedo. No período que abrangue a segunda metade do século XIX e a primeira metade do XX funcionaron nesta vila alomenos catro bandas de música, ás veces de xeito simultáneo. Ademais, os músicos de Cerdedo mesmo fundaron bandas en outras localidades, coma Campo Lameiro ou A Cañiza. A pesares dunha historia musical tan prolífica, as referencias bibliográficas ao respecto son tan escasas que poden ser consideradas como anecdóticas. O libro “As Bandas de Música de Cerdedo” ven a encher este baleiro. Dende a “Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo”, pensamos que xa vai sendo hora de que Cerdedo comece a recoñecer que ten atrás unha historia musical impresionante. Unha historia que, a piques de ser esquecida, nunca tivo recoñecemento público dabondo. “As Bandas de Música de Cerdedo”, que verá a luz nos vindeiros meses, é o resultado de máis de cinco anos de pescudas levadas a cabo por tres compoñentes do grupo de gaiteiros “Os Abrentes de Cerdedo”.

Seguir lendo