A Xuntanza terá lugar o sábado 22 de setembro no Pavillón de Cerdedo. Iniciarase ás 12:00 horas cun acto relixioso na Igrexa de Cerdedo, posteriormente ás 12:40 horas actuación dos Abrentes de Cerdedo.
Ás 13:30 horas apertura do pavillón, o xantar de confraternización comezará ás 14:00 horas, rematado o cal haberá diversas actividades culturais e de lecer.
O Concello pon a disposición dos veciños autobuses para que todo o mundo poida acudir á comida, deberán comunicalo no momento da inscrición, os días 20 ao 21 de setembro terán que chamar o concello para saber parada e horas de recollida.