Homenaxe a Ricardo Portela – 2019

maxresdefault.jpg

O vindeiro venres 16 de agosto estará o noso grupo de gaitas homenaxeando ao mestre Ricardo Portela na Praza do Concello en Carballedo (Cerdedo-Cotobade) ás 20:30h. Para nós, coma cada ano, é unha honra poder participar neste acto.

Neste festival tamén participarán os nosos compañeiros Os Trazantes de Tenorio, Asociación Cultural Foula e Os Afoutes do Canón de Pau.

67712377_1362936200548272_5721046293975924736_n.jpg

VI Festival de música tradicional de Forcarei – Edición adicada a Os Abrentes de Cerdedo

O vindeiro sábado 4 de maio ás 20:30 no Auditorio de Soutelo de Montes (Forcarei) terá lugar o “VI Festival de música tradicional de Forcarei” organizado pola Banda de Gaitas do Concello de Forcarei. Neste ano a edición estará adicada ao grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo polo 25 aniversario.

Dende a A. C. Os Abrentes de Cerdedo queremos agradecer esta adicatoria. Para o grupo de gaitas é toda unha honra ter esta homenaxe, ademáis vindo de desta banda de gaitas, cunha carreira máis que consolidada e mantendo viva as nosas músicas e tradicións dentro da contorna de Terra de Montes.

1136_page-0001.jpg

Os grupos participantes serán os seguintes:

  1. Grupo de pandeiretas Lus de Keikoa de Forcarei
  2. Grupo de baile tradicional Aldail de Calo
  3. Coral de Ruada de Ourense
  4. Banda de Gaitas do Concello de Forcarei

Entrada libre ata completar aforo.

Descargar: VI Festival de música tradicional de Forcarei

Organiza: Banda de Gaitas do Concello de Focarei
Colabora: Concello de Focarei | Deputación de Pontevedra

Homenaxe a Virxilio Viétez

Homenaxe Virxilio.png

O Concello de Forcarei quere convidar a todos os veciños e visitantes a asistir o domingo 19 á homenaxe popular ao fotógrafo Virxilio Viéitez con motivo do décimo aniversario do seu pasamento. Será ás 12.00 horas no auditorio de Soutelo de Montes.

Organiza: Concello de Forcarei e Familia de Virxilio Viéitez

Seguir lendo