O vindeiro domingo 1 de abril ás 17h no Recuncho da palleta, dentro do programa Lume na palleira (Radio Galega Música), dirixido por Emilio Españadero e coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos, Guillerme Ignacio Costa lembrará á recentemente falecida Manuela das Marianas de Barro de Arén (Cerdedo).
Os Abrentes de Cerdedo participaremos recordando a estreita relación que mantíñamos tanto con ela coma con tódalas pandereteiras de Barro de Arén.

Manuela Cortizo Medal || Bernabé/Luismy