Os Abrentes en Radio Galega Música

O pasado domingo 8 de decembro a A. C. Os Abrentes de Cerdedo estivo no programa Lume na Palleira dirixido por Emilio Españadero na sintonía de Radio Galega Música na sección O recuncho da palleta da Asociación de Gaiteiros Galegos, nesta ocasión presentado por Gustavo Couto, presentando tres novas gravacións do grupo de gaitas co gallo do seu 25 aniversario.

78852765_2582696985099548_5590170484323909632_n.jpg

No seguinte enlace poderedes escoitar todo o programa: Lume na palleira

Novas gravacións en audio!

Compartimos un novo lanzamento! Presentamos tres novas gravacións do noso grupo de gaitas co gallo do 25 aniversario, nesta ocasión repertorio de composición propia. Deixamos por aquí o enlace onde poderedes escoitar as tres pezas de forma totalmente gratuíta.

Enlace: SoundCloud