Lume na palleira – Radio Galega Música

O vindeiro domingo 3 de decembro o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo participará na sección O recuncho da palleta dentro do programa Lume na palleira (Radio Galega Música), dirixido por Emilio Españadero e coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos, neste día con Gustavo Couto, presentando a súa primeira maqueta.

AGG LNP.png

Lume na palleira – Radio Galega Música

Programa especializado na música folk e tradicional, principalmente a propia de Galicia pero con atención puntual ás propostas chegadas doutros lugares. Conducido por Emilio Españadero.

A dinámica do programa inclúe música en directo, entrevistas, presentacións de discos, información de concertos e festivais e, sempre que é posible, o contacto directo cos oíntes a través do teléfono e da internet.

Horario de emisión: domingos de 17:00h a 19:00h

Enlaces:

Homenaxe a Ricardo Portela

Xa van 25 anos do pasamento do mestre gaiteiro Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón. Neste ano 2017 estanse a suceder diversos actos e presentacións de traballos na memoria deste gaiteiro.

Ricardo Portela - 18agosto17.jpg

O grupo de gaitas da A. C. Os Abrentes de Cerdedo sempre tivo moi presente o repertorio deste gaiteiro, dende o seus traballos discográficos en solitario: Festa en Viascón ou Alborada en Cotobade ou no seu disco co seu irmán Jesús chamado Irmáns Portela. Repertorio coma Jota da Guía, Pasodoble de Viascón, Marcha Procesional do San Benito, Foliada de Pradenda, Loliña, O fandango da vella, Aires de Pontevedra e moitas máis, quedarán sempre no recordo da nosa tradición reflexados nestas obras, máis que mestras, onde se pode escoitar unha gran limpeza, clase, estilo e toque pechado tan característico.

Seguir lendo