XL Festa do gaiteiro de Soutelo

091e89_c0be8ccfeed442cf98c0da7fc924e4c3_mv2.jpg

O vindeiro sábado 24 de agosto celebraráse en Soutelo de Montes (Forcarei) a XL Festa do gaiteiro de Soutelo. Para nós é un verdadeiro placer e unha honra poder participar un ano máis nesta festa en homenaxe ao gran Avelino Cachafeiro Bugallo. Vai ser un día de troula dende a mañá ata a noite.

Ademáis, este ano conmemórase o 50 aniversario da edición do libro de Avelino Cachafeiro Voando cas aas da vida.

Programación para ese día:

  • 11:30h: Pasarrúas
  • 12:30h: Agrupación Folclórica Celme (Pontevedra) na Praza dos Gaiteiros
  • 13:00h: Pregón e homenaxe – Carme Hermida, Rubén Troitiño e a Banda De Gaitas de Forcarei
  • 14:00h: Xantar popular no parque Venezuela
  • 17:00h: Oradaladou e A. C. Os Abrentes de Cerdedo
  • 18:00h: Serán aberto
  • 20:00h: Homenaxe a Avelino Alberte Fírvida – Acordeonistas de Celanova e Os Diplomáticos do Acordeón

A XXXIX Festa do Gaiteiro en “Vaia Troula” da TVG

Vaia Troula.jpg

Todos os domingos, as festas de Galicia son as protagonistas do programa Vaia Troula. Da man de Nieves Rodríguez, os espectadores galegos terán a oportunidade de coñecer de preto e ser tamén os protagonistas das moitas celebracións e festas espalladas por toda o país.

Neste domingo, día 19 de agosto, Nieves Rodríguez dará a benvida desde algunhas festas, mentres que as reporteiras Belén Vara, Ariadna Leis e Belén Rivero achegaranse a outras tantas celebracións de Galicia. Hoxe lembra como eran antigamente os labores no campo desde a 19 edición da Malla Tradicional de Doade. Nunha fin de semana repleta de festas, o espazo estará na Festa do Esquecemento de Xinzo, no Entroido de Redondela, no Naufraxio de Laxe e na XXXIX Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes, onde tamén sairá o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo, entre outras moitas festas.