Aquí Galicia – Televisión de Galicia

O vindeiro sábado 2 de decembro o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo participará no programa Aquí Galicia (TVG) presentando a súa primeira maqueta en directo dende a Festa da Richada no lugar de Forcarei.

Aqui Galicia.png

Programa Aquí Galicia da Televisión de Galicia

O magazine semanal de Televisión de Galicia. Cada sábado en directo desde unha vila da nosa xeografía con música, festas, cultura…

Horario de emisión: sábado ás 16:30h

Enlaces:

Advertisements

Luar – Televisión de Galicia

O vindeiro venres 1 de decembro o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo participará no programa Luar (TVG) presentando a súa primeira maqueta en directo.

Luar TVG.png

Programa Luar da Televisión de Galicia

Luar é o único programa do seu xénero en todo o panorama televisión estatal que abrangue arredor das tres horas en directo.

O programa musical e de humor da TVG converteuse tamén nunha plataforma de promoción tanto do novo talento musical como do humorístico de Galicia. Proba disto son os concursos “Canteira de cantareiros”, “Recantos” ou “Os humorosos”. Ademais, en Luar deron os seus primeiros pasos profesionais cantantes como Lucía Pérez, parellas de humor como Os Tonechos ou Mucha e Nucha, e artistas como Luís Tosar, Paula Vázquez, Luís Zahera ou Patricia Pérez, entre outros.

Horario de emisión: venres de 22:00h a 00:30h

Enlaces: