Peza adicada a Antonio Fraguas

O pasado sábado 13 de abril comezamos coa gravación dunha peza adicada a Antonio Fraguas, composición de Rubén Troitiño.

Neste pequeno proxecto participan catro asociacións do concello de Cerdedo-Cotobade: Asociación Cultural Foula, Cerdedo/Cotobade, Os Trazantes de Tenorio, Os Afoutes do Canón de Pau e a A. C. Os Abrentes de Cerdedo. Esta gravación verá a luz o vindeiro mes de maio co gallo da celebración do día das Letras Galegas.

Moitas grazas a Rubén por contar con nós!

Seguir lendo