Os Abrentes en Radio Galega Música

O pasado domingo 8 de decembro a A. C. Os Abrentes de Cerdedo estivo no programa Lume na Palleira dirixido por Emilio Españadero na sintonía de Radio Galega Música na sección O recuncho da palleta da Asociación de Gaiteiros Galegos, nesta ocasión presentado por Gustavo Couto, presentando tres novas gravacións do grupo de gaitas co gallo do seu 25 aniversario.

78852765_2582696985099548_5590170484323909632_n.jpg

No seguinte enlace poderedes escoitar todo o programa: Lume na palleira

VI Festival de música tradicional – 25 aniversario

O vindeiro sábado 19 de outubro festexaremos o 25 aniversario do noso grupo de gaitas celebrando o VI Festival de música tradicional de Cerdedo ás 20:00h no Centro Cultural de Cerdedo.

VI Festival - 25 aniversario.png

Os grupos presentes este ano son:

Presentará o acto Malores Villanueva.

Entrada de balde ata completar aforo.

Organiza: A. C. Os Abrentes de Cerdedo
Colaboran: Concello de Cerdedo-Cotobade e Deputación Pontevedra


DESCARGAS

Lume na palleira – Manuela das Marianas de Barro de Arén

O vindeiro domingo 1 de abril ás 17h no Recuncho da palleta, dentro do programa Lume na palleira (Radio Galega Música), dirixido por Emilio Españadero e coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos, Guillerme Ignacio Costa lembrará á recentemente falecida Manuela das Marianas de Barro de Arén (Cerdedo).

LNP.png

Os Abrentes de Cerdedo participaremos recordando a estreita relación que mantíñamos tanto con ela coma con tódalas pandereteiras de Barro de Arén.

2012_02_26_IMG_2012_02_26_233A443A53_dz9.jpg

Manuela Cortizo Medal || Bernabé/Luismy