Ruada en Barro de Arén!

Dende a Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo sumámonos a esta boa iniciativa do Colectivo Portalén, unha ruada en Barro de Arén o día 21 de xuño homenaxeando ás Pandereteiras de Barro de Arén.

Ruada en Barro de Arén.jpg

O grupo de gaitas non é a primeira vez que participa nunha homenaxe ás pandereteiras, no 2006 xunto con Leilía, Donicelas, Xirandola e O Tear de Llerena no Teatro Principal de Pontevedra na presentación do seu disco “Cerdediño p’rós amores”.

homenaxe.jpg


Alalá – Televisión de Galicia


Os Abrentes de Cerdedo, forte ligazón coas Pandereteiras de Barro

Nos máis de 10 anos (2003-2015) nos que as Pandereteiras de Barro de Arén permitiron compartir o seu local de ensaio, Os Abrentes tiveron ocasión de achegarse con elas á tradición máis pura, a que vén directamente dos nosos devanceiros. Nese tempo puideron desfrutar de moitos momentos de música compartidos, e ó mesmo tempo aprenderon moitas das pezas do seu repertorio. Froito desta interacción foi a gravación de “Como che vai miña rosa” co motivo dunha aparición conxunta dos Abrentes e As Pandereteiras de Barro de Arén no programa Luar da TVG.

Peza máis que coñecida dentro do mundo tradicional, xa Os Gaiteiros de Soutelo utilizárona nunha das súas gravacións. Na participación do programa Alalá da Televisión de Galicia, no ano 2009, gravouse coas Pandereteiras de Barro de Arén, na Eira da Pena (Cerdedo).

Seguir lendo

Advertisements

Maqueta – 5 temas

Os Abrentes de Cerdedo.pngDespois de 23 anos de andaina, o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo pisa un estudio de gravación para deixar recollida de forma dixital unhas pezas do seu repertorio. Publícanse en internet cinco temas, onde tres deles foron gravados neste ano 2017 en Vigo. Con esta gravación, o grupo de gaitas intenta amosar o seu traballo buscando a maior naturalidade nunha gravación realizada nunha tarde de sábado para amosar a súa frescura e espontaneidade.

Seguir lendo