O vindeiro sábado 19 de agosto celebrarase o 40 aniversario da S. D. Caroi.
- 13:30h – Inauguración da exposición fotográfica na casa da obra, antiga escola: “Historia da S. D. Caroi, un referente na comarca”.
- 14:30h – Xantar, no campo da Capela, comida e bebida a prezos módicos amenizados polo grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo.
- 18:00h – Partido amistoso dos nenos/as da zona contra os nenos/as de Borela.
- 19:00h – Partido de fútbol entre os xogadores do último ascenso do ano 2004 e unha selección de xogadores das tempadas posteriores.
SD Caroi | Concello Cerdedo-Cotobade | Deputación de Pontevedra