Luar – Televisión de Galicia

O vindeiro venres 1 de decembro o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo participará no programa Luar (TVG) presentando a súa primeira maqueta en directo.

Luar TVG.png

Programa Luar da Televisión de Galicia

Luar é o único programa do seu xénero en todo o panorama televisión estatal que abrangue arredor das tres horas en directo.

O programa musical e de humor da TVG converteuse tamén nunha plataforma de promoción tanto do novo talento musical como do humorístico de Galicia. Proba disto son os concursos “Canteira de cantareiros”, “Recantos” ou “Os humorosos”. Ademais, en Luar deron os seus primeiros pasos profesionais cantantes como Lucía Pérez, parellas de humor como Os Tonechos ou Mucha e Nucha, e artistas como Luís Tosar, Paula Vázquez, Luís Zahera ou Patricia Pérez, entre outros.

Horario de emisión: venres de 22:00h a 00:30h

Enlaces:

Actuación en Santa María de Sacos

O pasado domingo día 20 de novembro celebrouse a entrega de premios dos concursos “II Concurso de debuxo Álvaro Fernández Fuiza” e o “I Concurso de redacción Álvaro Fernandez Fiuza” organizado pola Xunta Veciñal de Montes en Man Común de Sta. María de Sacos.

A entrega dos premios realizouse na Casa do Pobo (Santa María de Sacos) ás 13h sendo os membros do xurado:

  • Presidente da Xunta Veciñal de Montes
  • Vicepresidente da Xunta Veciñal de Montes
  • Un comunero
  • Alcalde-Presidente do Concello Cerdedo-Cotobade
  • Álvaro F. Fiuza (Presidente de Honra)