Rubén Troitiño…
“O vindeiro domingo día 12 xa estará dispoñible en internet a miña pequena homenaxe ao protagonista este ano polo día das Letras Galegas.
Muiñeira para Antonio Fraguas, adicada a este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo. Na gravación desta peza participan catro asociacións do concello de Cerdedo-Cotobade: Os Afoutes do Canón de Pau, Os Trazantes de Tenorio, A. C. Os Abrentes de Cerdedo e a Asociación Cultural Foula.
Presentarase en primicia na sintonía de Radio Galega Música da man de Emilio Españadero no programa Lume Na Palleira.”
Esta gravación estará dispoñible tanto na web do autor da peza coma na nosa onde a poderedes escoitar de forma gratuíta. Pola nosa parte agradecer poder participar neste proxecto xunto coas asociacións veciñas.
Para máis información: www.rubentroitino.com