Grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo dentro do Plan Cultural do Concello Cerdedo- Cotobade
O Concello de Cerdedo-Cotobade no seu afán de promocionar os actos e manifestacións culturais propias, e especialmente aquelas que teñen establecido unha raigame importante dentro do termo municipal, impulsa un Plan Cultural para as comisións de festas e grupos musicais do concello.
Por eso, ponse en marcha o Plan Cultural Municipal mediante o cal se retribuirá aos grupos polas actuacións autorizadas e realizadas ao longo do ano.
DESTINATARIOS
- Comisións de Festas, asociacións ou veciños que promovan actos culturais, festas patronais, ou outros eventos de importancia para a difusión e coñecemento das costumes, tradicións e outras actividades que promoven o coñecemento do Concello de Cerdedo-Cotobade.
- Agrupacións musicais con base no Concello de Cerdedo-Cotobade, para elo deberán de figurar no Rexistro de Asociacións do Concello de Cerdedo-Cotobade. Cada grupo poderá inscribirse en diferentes grupos: baile, canto, música…
PRAZOS DE PRESENTACIÓN
Solicitude por parte das Comisións de Festas: Estará aberta a convocatoria durante todo o ano e concederase segundo a orde de entrada no rexistro municipal, salvo causa ou forza maior, que se xustificará motivada. Deberán, de todos xeitos, solicitala coa antelación de un mes a súa celebración como mínimo e terán que haber solicitado o permiso municipal correspondente para a celebración do evento.
DOCUMENTACIÓN
As solicitudes realizaranse segundo o modelo normalizado creado para este este fin, que se facilitará no Departamento de Cultura do Concello de Cerdedo-Cotobade, ou nas páxinas web:
www.cerdedo.org
www.concellodecotobade.org
A comisión de festas, asociacións de veciños, xunto coa solicitude o DNI do representante perante a administración para este trámite e o compromiso de inclusión da colaboración do Concello na publicidade ou cartaz do evento.
SELECCIÓN
A selección e inclusión dos grupos peticionarios e das Comisións será realizada polo Departamento de Cultura, seguiranse os seguintes criterios:
- Só se poderá solicitar un grupo por festa
- Interese da celebración
- Número de persoas convocadas
- Raigame da celebración
- Número de actuacións levadas a cabo. O departamento pode porse en contacto coa comisión, asociación ou veciños para solicitar outro grupo, cando o que solicite teña cubertas todas as actuacións dispoñibles.
- Calquera outro que puidese resultar de interese para o fomento da cultura, turismo e difusión do Concello de Cerdedo-Cotobade
SOLICITUDE DAS ACTUACIÓNS
As organizacións que leven a cabo a programación dos eventos terán que porse en contacto có grupo acollido dentro do Plan.
Os adxudicatarios están obrigados a facer mención na publicidade do patrocinio do Concello de Cerdedo-Cotobade.
Establécese un tope máximo de 51 actuacións dentro do Concello de Cerdedo-Cotobade.
OBRIGAS DAS AGRUPACIÓNS MUSICAIS
As agrupacións están obrigadas a executar as actuacións que se lles asigne, cumprindo os requisitos de cada categoría establecidos anteriormente.
CONTACTO
Concello de Cerdedo-Cotobade
- Cerdedo: Praza do Concello, 1, 36130 (Pontevedra)
- Tlf. 986 75 30 06
- Cotobade: Chan, 11 – Carballedo, 36856 (Pontevedra)
- Tlf. 986 76 00 01
DESCARGAS