ESCOLA

A Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo dende a súa creación sempre formou a todo aquel que quixera iniciarse no mundo da música tradicional.

Un dos eixes fundamentais é a conservación, o estudo e a difusión da música tradicional como parte fundamental da cultura e tradición do pobo galego, centrando o seu estudo na comarca Deza-Tabeirós Terra de Montes.

É no ano 2015 cando se volve a retomar as actividades da escola de maneira máis continuada como parte indispensable para a conservación da música tradicional na comarca coincidindo coa posta en marcha do novo local de ensaio na vila de Cerdedo, cedido por parte do Concello de Cerdedo-Cotobade para o desenvolvemento das nosas actividades.

Escola - Os Abrentes

Advertisements