25 Aniversario

Felicitacións en video

No ano 2017 tivemos unha visita moi especial nun dos nosos ensaios. Neste 2019 temos outra pequena sorpresa.. Xulio Lorenzo envíanos esta mensaxe xunto con Bea Besada polo 25 aniversario do noso grupo de gaitas. Queremos dar as grazas a estes dous grandes músicos polas súas palabras neste ano tan importante para nós. Moitos éxitos!
P.D.: Cantos da Ialma… discazo!

 


No día de hoxe recibimos outra grata sorpresa! Gustavo Couto, dende o local de ensaio do OCT Ultreia, súmase ás felicitacións polos 25 anos do grupo de gaitas. Xa van dous anos dende que nos atopamos con el, xunto a Emilio Españadero, no programa Lume Na Palleira de Radio Galega Música. Agardamos voltar pronto coas vindeiras novidades da asociación.
Gustavo, mil grazas polo video, unha aperta moi forte!


A xornalista Ana Pérez da Televisión de Galicia súmase ás felicitacións do 25 aniversario do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo. Moitísimas grazas por estas palabras, unha aperta moi forte!


O 27 de maio do 2017 celebramos o noso “IV Festival de música tradicional de Cerdedo” onde, entre outros grupos, participaron as Pandereteiras Tremelique. Elas tamén se sumaron a gravar unha felicitación polo 25 aniversario do noso grupo de gaitas. Que dicir delas? Simplemente escoitádeas!
Mil grazas polo video e que soen esas pandeiretas!


Polo ano 2014 estiveramos tocando en Baiona grazas a esta asociación, e no 2016 viñeron eles ao noso festival de música tradicional. A Seneira súmase ás felicitacións polo 25 aniversario do noso grupo de gaitas. De novo, moitas grazas por todo compañeiras e compañeiros!
Facebook: A SENEIRA,Baiona


Chéganos outra felicitación polo 25 aniversario do grupo de gaitas do mestre Guillerme Inácio! Para nós é unha honra que persoas coma el nos envíen estas mostras de agarimo. A ver se coincidimos noutra ruada por estas terras, unha aperta moi grande!


Aquí está o músico David Bellas felicitando o 25 aniversario do noso grupo de gaitas. É unha honra para nós poder recibir este tipo de felicitacións. Mirade e escoitade o que fai coa gaita, é impresionante!
En serio, moitísimas grazas polo video, unha aperta moi forte mestre!


Dende o norte, coa súa magnífica voz, chéganos esta felicitación polo 25 aniversario do grupo de gaitas do mestre Xabier Díaz. Nunca pensamos chegar a cumplir vintecinco anos, nin tampouco recibir tantas mostras de agarimos dos artistas máis recoñecidos desta terra. Moitísimas grazas polo video!


Deixamos un novo video felicitando o 25 aniversario do noso grupo de gaitas. Nesta ocasión, e dende Baiona, chéganos este agasallo en formato musical do grupo Abóbriga. Polo ano 2014 estiveron no noso “II Festival de música tradicional de Cerdedo” celebrando tamén o 20 aniversario. Moitísimas grazas polo video! Lume!


Outro novo vídeo polo 25 aniversario do noso grupo de gaitas. Nesta ocasión súmanse dous dos artesáns máis importantes dentro do panorama da gaita galega, cremos que non fai falta moita presentación, eles son Xosé Manuel Seivane Magide e Álvaro Seivane Magide que nos gravan esta mensaxe dende o Obradoiro de Gaitas Seivane. Moitísimas grazas pola felicitación!

Advertisements