As I Xornadas das músicas da Terra de Montes nacen a raíz do proxecto Músicas da Terra de Montes do músico Rubén Troitiño. Neste proxecto inténtanse englobar todas as músicas das zonas do vello concello de Cerdedo e concello de Forcarei.
Nos dous días de duración destas xornadas poderedes atopar as seguintes actividades: exposicións, conferencias, presentacións de proxectos, mesa redonda, obradoiros, concertos e ruada aberta.
Sábado 15 de outubro en Cerdedo (Cerdedo-Cotobade) adicado ás bandas de música e o sábado 22 de outubro en Soutelo de Montes (Forcarei) adicado á música tradicional.
Para calquer dúbida, aclaración ou para anotarse nos obradoiros podédelo facer a través da seguinte dirección de correo electrónico:
musicasdaterrademontes@gmail.com
*Notas:
- O obradoiro de Pablo Pascual ten un aforo máximo de 25 persoas por orde de inscrición previa.
- Todas as actividades son de balde.
- O programa pode sufrir algunha modificación de último momento. Todos os cambios serán publicados na web.
PROGRAMA – PDF | CARTEL+PROGRAMA – PDF
