A Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo está nominada aos Premios Rebulir 2020 da Cultura Galega na categoría de Música Galega. Para nós é un verdadeiro pracer poder estar nominados nesta categoría xunto a Tanxugueiras, Pili Pampín, A. C. Traspès, A. C. F. O Fiadeiro, Cantigas e Agarimos, A Ponte Vella, Xabier Díaz, Rolle, Proxecto Arredores, Mercedes Peón, Javier Feijoo – Xisco e Sabela Ramil.
Pese a ser unha asociación cultura pequena temos unha traxectoria de 26 anos onde traballamos para a conservación, o estudo e a difusión da música tradicional como parte fundamental da cultura e tradición do pobo galego, centrando o seu estudo na comarca Deza-Tabeirós Terra de Montes.
Cabe destacar que no ano 2009, o programa Alalá da Televisión de Galicia adicou un episodio á historia da asociación cultural mostrando todo o traballo que esta realiza. Ademáis disto, o grupo de gaitas ten participado noutros espazos televisivos desta canle coma o Aquí Galicia, Galicia Enteira, O país máis grande do mundo ou Luar.
Premio Rebulir de Cultura Galega
O Premio Rebulir de Cultura Galega, nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz.
A entrega do premio faise no marco da Gala central do FIR (Festival Internacional Rebulir) e consiste na entrega dun diploma acreditativo e dunha estatuilla identificativa do galardón.
O Xurado está composto por diferentes representantes dos colectivos organizadores do Premio e tamén dalgún convidado externo experto no mundo da cultura galega.
Os premiados levan sido:
- 2018 – Guadi Galego + Carlos Blanco + Romaría Raigame
- 2017 – Uxia Senlle + Xosé Ramón Gayoso + Lois Antón Pérez
- 2016 – Leilía + Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán + Banda de Música de Ramirás
- 2015 – Kepa Junkera + María do Ceo + Susana Durán
- 2014 – Xosé M. Piñeiro + Xosé Diz
- 2013 – Rubén Riós 2012 – Laura González (Maret)
Máis información: Premios Rebulir