Muiñeira para Antonio Fraguas adicada a este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo. Na gravación desta peza participan catro asociacións do concello de Cerdedo-Cotobade: Os Afoutes do Canón de Pau, Os Trazantes de Tenorio, Foula e Os Abrentes de Cerdedo.
Podedes escoitala de forma gratuíta no seguinte enlace ou directamente dende esta web.
Enlace directo:
https://soundcloud.com/proxectohomenaxe/muineira-para-antonio-fraguas-ruben-troitino
Fícha técnica
- Peza: Muiñeira para Antonio Fraguas
- Compositor: Rubén Troitiño
- Ano: Gravado no mes de abril de 2019 no Centro Cultural de Cerdedo e en ChisPún! Estudio (Vigo) por Rubén Troitiño co motivo do día das Letras Galegas
- Publicación: Presentado o día 12 de maio no programa Lume na palleira de Emilio Españadero na sintonía de Radio Galega Música
- Intérpretes: A. C. Os Afoutes do Canón de Pau, A. C. Os Trazantes de Tenorio, A. C. Foula de Cerdedo-Cotobade e Os Abrentes de Cerdedo.