IV Festa do pan de millo e ovo de Cotobade

O vindeiro sábado 15 de setembro terá lugar a “IV Festa do pan de millo e ovo” no campo da Festa de Tenorio dende ás 13:00h organizada pola A. C. Foula.

42b1aa3c-842a-40c9-86d6-0750e2252d72

Dentro da programación teremos un espazo adicado a música e o baile, dous escearios, polos que pasarán fantásticos grupos e bandas como:

  • Os Trazantes de Tenorio
  • Os Abrentes de Cerdedo
  • A Banda Escola Unión Musical de Tenorio
  • Banda de Música de Cerdedo
  • Banda de Gaitas Os Chaneiros de Marín
  • Pandereteir@s do Val de Quireza
  • Banda de Gaitas Airiños de San Xulián

A organización fala!… grupos participantes

  • Os Trazantes de Tenorio

Os Trazantes de Tenorio

En Tenorio, no val do Lérez, zona de Cotobade, “trazantes” son as persoas con habilidade e enxeño para acometer os máis variados traballos.

O grupo de música e de baile tradicional Os Trazantes de Tenorio naceu na primavera de 1984 para animar as festas e romarías, para fomentar o interese pola nosa música e dar vida, de novo, a antigos bailes e cantigas.

Teñen participado en diversas xuntanzas e concursos: Pontevedra, Cedeira, Santiago, Padrón, Vigo… E actuaron con éxito na TVG en diversos programas, o cal viuse reflectido nunha nominación no apartado de mellor grupo tradicional aos Premios da Asociación da Prensa Galega na súa primeira edición, correspondente a temporada 97/98. Os seus éxitos televisivos continuáronse no premio que a parella do grupo, formada por Susana e Anxo, conseguiu no concurso de parellas de baile tradicional organizado polo programa “Luar” no ano 2004.

En 1996 acadaron o 1º premio no “XVI Encontro de Grupos Tradicionais” celebrado no Teatro Colón de A Coruña, coa “Foliada de Forcarei”. No verán de 1998, a sección máis xove do grupo acadou un 3º premio en Cerdido coa “Muñeira de Leira”. Na tempada de 2012 a escola conseguiu o 3º Premio no concurso de Tequexetéldere. No 2018 o grupo dos maiores obtivo o 1º premio no concurso de Negreira coa “Muiñeira de Erboedo”.

No verán de 2002 o grupo representou a Galicia, xunto con Milladoiro, no festival folklórico internacional de Guignamp (Bretaña). Ademáis, fixeron actividades de recollida de material etnográfico, conferencias e outras iniciativas pala fomenta-lo folclore tradicional galego na zona do val do Lérez.

  • Os Abrentes de Cerdedo

Os Abrentes de Cerdedo

A “Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo” foi creada no ano 1994, coa finalidade de traballar para a conservación, o estudo e a difusión da música tradicional como parte fundamental da cultura e tradición do pobo galego, centrando o seu estudo na comarca Deza-Tabeirós Terra de Montes. Un referente a nivel musical dentro do noso concello, unha formación cun amplo coñecemento das nosas músicas e as súas estéticas, un luxo para a organización da lV Festa do Pan de Millo e ovo. poder contar con eles, por segundo ano consecutivo.

  • A Banda Escola Unión Musical de Tenorio

Banda Escola Unión Musical de Tenorio

A banda Escola nace en 2014 coa idea dunha clase colectiva para aqueles alumnos da escola de musica, na que a sua maioria ainda non estan formados para pertenecer a banda. No vran de 2015 teñen a sua primeira actúacion na semana cultural de Cotobade, apartir de esa actuación sale a oportunidade de actuar nas festas de Viascon con gran acollida polo publico presente, nas navidades de 2015 tamen actuan no festival solidario de Trazantes, ahora mesmo seguise cos ensaios para futuras actucións. Na edicción do ano pasado tivemos o pracer de contar con eles, un colectivo cheo de talento e ganas, que dará moito que falar pola bisbarra. Benvidos!!!

  • Banda de Música de Cerdedo

Banda de música de Cerdedo

A Banda de Música de Cerdedo nace na segunda metade do século XIX, alá polo ano 1850 da man dos irmáns Antonio e Francisco García Fernández, consolidándose a agrupación co polifacético mestre, Campio García, quen colleu a dirección da banda na década de 1870.

Despois de máis de 100 anos de historia, desaparece definitivamente na década de 1950, non sen antes sufrir diversas escisións das cales xurdiron outras agrupacións no concello e períodos de menor actividade por causa da guerra e a emigración

A Banda de Música de Cerdedo estivo dirixida durante eses máis de cen anos por Mestres coma: Antonio e Francisco García Fernández, Campio García Silva, o tamén recoñecido compositor Constantino Paz, Xosé Benito García ou Manuel Monteagudo entre outros

Despois de máis de 50 anos sen banda de música nun concello con tanta tradición musical como Cerdedo, créase no ano 2014 a Escola de Música de Cerdedo, contando con case 40 alumnos no seu primeiro ano de funcionamento.

Ao abeiro da Escola de Música nace a Banda de Música de Cerdedo. Esta agrupación foi creada para recuperar a tradición musical bandística deste concello e para dar cabida aos intereses musicais dos alumnos da escola e doutros músicos do concello.

No mes de outubro de 2014 comezan os seus ensaios e en Xaneiro de 2015 fai o seu primeiro concerto no festival de Nadal da Escola de Música contando con un gran respaldo do público cerdedense ansioso por ver renacer a banda do seu pobo.

Ao longo do seu primeiro ano de vida realiza varios concertos, destacando o concerto realizado nas festas patronais do Divino Ecce Homo e organiza o seu propio festival de Bandas de Música de Cerdedo.

A Banda está formada na actualidade por 33 músicos, entre alumnos e profesores da escola de música e dirixida polo mestre galego, José Luis Loureiro Durán.

  • Banda de Gaitas Os Chaneiros de Marín

Asociación Artistico Cultural Os Chaneiros

A Asociación Artístico Cultural “Os Chaneiros”, unha das formación mais antigas dentro do panorama Musical tradicional, na provincia de Pontevedra, unha banda de gaitas que conta cum amplo curriculum, en diferentes ámbitos do eido da música tradicional, e que presenta unha proposta fresca, e con un son propio,o son Chaneiro, fundados polo Padre Marino, son un grupo, cum repertorio no que se combina as pezas de autor e tradicionais. Damos a Benvida os Chaneiros de Marín.

  • Pandereteir@s do Val de Quireza

Pandereteir@s do Val de Quireza

Este emsemble de homes e mulleres, achegaramnos un ano mais, unha fermosisima proposta musical, basada no folclore Popular, cantos e contos, sentidos, e cheios de forza, damos a benvida as Pandereteir@s do val de Quireza.

  • Banda de Gaitas Airiños de San Xulián

Airiños de San Xulián

Unha banda mariñense, que ten as súas costas un amplo bagaxe polo circuito da música tradicional e folclórica do noso país, traeramnos a Tenorio, unha cuidada e fresca proposta musical, na que diferentes instrumentos e estilos confluen, para acadar un son mol personal, Dirixidos polo Mestre Riqueza. Airiños de San Xulián.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s